Olga García “A veciñanza está farta de escoitar ao señor alcalde falar de investimentos millonarios que nunca chegan e de ver como fai fotos con representantes da Xunta mentres seguimos sen auga potable”
Castro de Rei, 5 de Agosto de 2025. O grupo municipal do BNG de Castro de Rei denuncia unha vez máis a situación alarmante que vive a veciñanza ao non poder facer uso da auga da traída por motivos sanitarios. As analíticas realizadas polo SINAC (Sistema Información Nacional Aguas de Consumo) o pasado 4 de xuño revelaron uns resultados inadmisibles: presenza de arsénico moi por riba dos límites legais, bacterias coliformes, enterococos e altos niveis de turbidez.
Segundo estes informes, os valores de enterococos, que deberían ser de 0/100 ml, presentan un nivel de 1/100 ml. As bacterias coliformes, indicadoras de contaminación fecal, superan tamén o máximo permitido: 102 UFC/100 ml, cando o límite é de 100. A turbidez da auga acada os 21 NTU, superando amplamente os 5 NTU recomendados. E no caso do arsénico, a situación é especialmente grave: o valor permitido é de 10 µg/l, e as analíticas recolleron 40 µg/l.
Porque non se prohibiu o uso da auga ata fai uns días? A veciñanza leva 2 meses consumindo auga con contaminantes moi prexudiciais para a saúde.
O BNG de Castro de Rei, a través da súa concelleira, Olga García, levou a pleno mocións e preguntas para ver de solucionar este problema máis a solución do alcalde sempre foi a mesma: temos que mellorar a captación.
“A veciñanza está farta de escoitar ao señor alcalde falar de investimentos millonarios que nunca chegan e de ver como fai fotos con representantes da Xunta mentres seguimos sen auga potable”, declarou Olga García, concelleira do BNG. “É inaceptable que se sigan repetindo episodios de contaminación sen que se tomen medidas reais e urxentes”.
Desde o BNG esíxese unha intervención inmediata por parte do goberno local e da Xunta de Galicia, coa execución efectiva e sen máis demoras do anunciado investimento de 2 millóns de euros para mellorar a captación e garantir a calidade da auga. “Non queremos máis promesas, queremos auga potable”, concluíu a concelleira nacionalista.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



