A Mariña, 6 de agosto, 2025. Sábese que a minería do ouro tivo un protagonismo moi destacado na historia da nosa terra, como o demostran o gran número de xoias atopadas e os numerosos vestixios de explotacións mineiras da época galaico-romana na comarca da Mariña.
Mariña Patrimonio propón unha actividade para revivir estas prácticas ancestrais a través de dúas experiencias en vivo, nas que poderás aprender técnicas tradicionais relacionadas coa procura de ouro e como facer lume, como se facía na antigüidade:
Bateo de ouro, con Francisco Canosa, xeólogo e recoñecido divulgador da xeoloxía galega, que nos iniciará na busca deste metal precioso a través de métodos tradicionais.
Lume ancestral, con Xacobe Fernández Casabella, quen amosará como facer lume sen chisqueiros nin tecnoloxía moderna, utilizando materiais naturais e métodos empregados desde tempos prehistóricos.
Data: Mércores, 13 de agosto
Horario: De 16:00 a 19:00 h, en tres quendas:
1ª quenda: 16:00 – 17:00 h
2ª quenda: 17:00 – 18:00 h
3ª quenda: 18:00 – 19:00 h
Prezo:
Socios/as de Mariña Patrimonio: 5 €
Non socios/as: 10 €
(O pagamento farase á chegada para cubrir parte dos gastos da actividade)
Inscrición:
Enviar un correo a mr.patrimonio@gmail.com indicando:
A quenda preferida (respeitarase por orde de inscrición, ata 10 prazas por quenda)
Nome e apelidos
Se é socio/a
Se quere participar tamén na actividade do lume
Teléfono de contacto
Lugar: Finca Galea (Alfoz do Castrodouro)
A organización confirmará por correo electrónico a quenda asignada e facilitará os detalles necesarios para a asistencia.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



