Os deputados do Partido Popular cren que “se confirma que tiñamos razón cando advertíamos da situación deste centro de atención a maiores e da falta de xestión por parte do goberno provincia e algo raro segue pasando”
Trabada, 6 de agosto de 2025. “Co nomeamento de tres coordinadores na residencia de Trabada en menos de tres meses, confírmase o que advertíamos dende o Partido Popular: a existencia de problemas neste centro de atención a maiores pertencente á rede da Deputación de Lugo”, segundo subliña o deputado provincial e portavoz do PP de Trabada, José María Fernández.
“Mentres que PSOE e BNG dicían que todo estaba ben e intentaba tapar todo en resposta ás nosas preguntas; por unha banda, dende o Grupo Popular destapabamos numerosas queixas das familias dos usuarios e das traballadoras e ata denuncias e, por outra, o propio goberno provincial cesaba á coordinadora”, explica.
Tras nomear novo responsable por un período de dous meses, agora o centro conta con outra coordinadora distinta. “Esta falta de estabilidade no posto que debe realizar as tarefas de coordinación do centro evidencia que a situación non é regular e que falta xestión por parte do goberno provincial”, segundo manifestan os populares.
José María Fernández cre que “o goberno provincial debe dar explicacións sobre os motivos polos que cambiaron tantas veces en tan pouco tempo a figura que dirixe a residencia de Trabada”. Os populares inciden en “esixir transparencia na xestión” e “que se garanta o cumprimento do prego de condicións da licitación e do convenio colectivo das traballadoras”.
Fernández engade que “o Concello tamén é responsable da residencia” e a pesar de que “vimos advertindo da situación da residencia dende fai moito tamén nos Plenos do Concello de Trabada; o alcalde limitábase a acusarnos de mentir, en lugar de estudar as melloras que foran necesarias”.
Así, dende o Partido Popular “continuaremos vixiantes e esixindo a mellora da xestión do servizo” porque “a atención ás persoas debe ser una prioridade”, puntualiza.
SEN O CENTRO DE DÍA COMPROMETIDO
O goberno de PSOE e BNG sacaban a licitación a finais de xullo o servizo residencial no centro de atención a maiores de Trabada, pero no prego non recollen o servizo diúrno. É dicir, “o goberno provincial que prometera o centro de día nas mesmas instalacións que a residencia volve perder a oportunidade de poñer en marcha este servizo que xa debera estar en funcionamento dende que abriu ao público esta infraestrutura” pertencente á rede de centros de maiores da Deputación.
“PSOE e BNG non teñen intención de abrir ese servizo nin na residencia de Trabada nin no resto de residencias da rede provincial privando a 153 familias da provincia -20 prazas en Trabada- dun servizo que favorecería a conciliación ao mesmo tempo que unha atención especializada para os seus maiores”, explica.
E, ademais, “o alcalde e o goberno local do PSOE votaron en contra de esixir ao goberno provincial a súa apertura, como pedíamos dende o PP de Trabada no último pleno”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



