O Pescados Rubén Burela consegue a súa primeira vitoria a domicilio e encadea dous triunfos consecutivos tras derrotar por 2-7 ao Plásticos Romero Cartaxena. O conxunto burelés encamiñou a conquista dos tres puntos nunha primeira parte brillante na que xogou á perfección as súas bazas para aplacar o entusiasmo local. Iago Míguez se erixiuse no gran protagonista do duelo cun hat-trick, abrindo e pechando o marcador do mellor partido da tempada da escuadra mariñá.
A escuadra galega iniciou o partido con intensidade e concentración logrando minimizar o efecto da Bombonera e o empuxe inicial do Plásticos Romero. Tras un par de escarceos locais a resposta burelista foi contundente, Iago Míguez cun disparo raso ao primeiro pau abriu o marcador no minuto 4. Co 0-1 o Pescados Rubén estableceu a súa defensa en media pista invitando ao Plásticos Romero a un xogo máis ofensivo. A boa presión en media pista dos de Daniel Ibañes xerou numerosos roubos e rápidas transicións dun Pescados Rubén que desarbolou ao conxunto local. Iago Míguez e Iago Rodríguez foron os estiletes laranxas para o 0-2 e 0-3, respectivamente. Os locais acusaron o dobre golpe ante un Pescados Rubén cada vez máis fluído en ataque. No minuto 18 chegou o 0-4 obra de Jorge Bellvert. O Cartaxena logrou recortar distancias cun gol de estratexia culminado por Jesús Izquierdo pero o seu achegamento durou pouco xa que Cuco estableceu o 1-5 co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte mantívose a dinámica do primeiro tempo, os galegos manexaban o tempo dun partido moi empinado para os murcianos. O canteirán Hélder sumouse á festa laranxa tras culminar unha gran acción colectiva que supuxo o 1-6, minuto 26, enterrando case por completo a reacción local. O Plásticos Romero optou polo xogo de cinco en busca dunha remontada milagrosa que nin sequera chegou a acariñar. Rahali logrou o 2-6 no minuto 34 pero a continuación Jesús foi expulsado por dobre amonestación deixando aos locais en inferioridade.. No minuto 36 o capitán burelés, Iago Míguez, certificou a vitoria co seu terceiro tanto e establecendo o 2-7 definitivo para o Pescados Rubén.
Ficha técnica
Plásticos Romero Cartagena: Raúl, Asensio, Rahali, Rodrigo, Juanpi –cinco inicial- Jesús Izquierdo, Enrique, Cristian Rubio, Josema, Saura, Diego Blanco.
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Jorge Bellvert, Matamoros, Iago Míguez, Antoñito –cinco inicial- Iago Rodríguez, Cuco, Renato, Petry, Hélder.
Goles: 0-1, m.4, Iago Míguez; 0-2, m.9, Iago Rodríguez; 0-3, m.17, Iago Míguez; 0-4, m.18, Jorge Bellvert; 1-4, m.19, Jesús Izquierdo; 1-5, m.20, Cuco; 1-6, m.26, Hélder; 2-6, m.34, Rahali.
Árbitros: Cuesta Sánchez, García Moron. No Plásticos Romero Cartaxena, cartón amarelo a Juanpi e Cristian Rubio; dobre cartón amarelo a Jesús, expulsado no minuto 34. Pescados Rubén Burela, cartón amarelo a Petry.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 8 de Primeira División LNFS. Disputado no pavillón Wssell de Guimbarda de Cartaxena.
*Fotografía: Prensa Plásticos Romero Cartagena FS























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
