Lugo, 17 de novembro de 2016. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, e ediles do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo mantiveron unha xuntanza con representantes das ANPAS de Lugo. Rodil anunciou que o BNG levará unha iniciativa á cámara galega para reclamar que sexa a Xunta de Galiza quen asuma a xestión dos comedores escolares de todos os centros educativos. Rodil dixo que “neste momento existe unha discriminación para os centros escolares que non teñen comedores xestionados pola administración autonómica e que, no caso de Lugo, derivou nun problema burocrático-administrativo que estivo a punto de interpretar un importante problema para as familias”.
Neste momento a Xunta de Galiza somentes está a prestar un servizo de comecor naqueles centros nos que asisten aos que asisten escolares en transporte público que viven a máis de 2 km de distancia dende a súa casa. No concello de Lugo son catro os centros que contan con servizo de comedor xestionado pola propia consellería: o colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela, o colexio Virxe da Soidade (Gándaras), o colexio da Ponte e o colexio de Casas. No resto de colexios públicos do concello de Lugo o servizo de comedor é prestado polo propio concello agás nos colexios do Sagrado Corazón e Paradai que carecen de comedor.
Para o BNG existen alternativas factibles como a de aproveitar as infraestruturas que a Xunta xa ten nos centros que teñen unha xestión directa do comedor. Rodil explicou “a Xunta ten infraestrutura suficientes coas cociñas existentes nos centros educativos e dende estes centros podería, cos medios axeitados, distribuirse a comida ao resto de centros educativos do concello”. Rodil lembrou que existe persoal que quedou sen funcións ao pecharse centros do rural e que a Xunta tería que estudar a súa posible reincorporación para reforzar os servizos de cociña dos centros que teñen comedor neste momento”.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



