Baixo un constante chuvieiro as asociacións de sendeirismo Terras de Lourenzá e Pasada das Cabras de Burela percorreron, este sábado 12 de novembro, a undécima etapa do Camiño Norte, entre as poboacións de Arzúa e Pedrouzo. A etapa, de 19 km, é unha das máis bonitas que forman parte do Camiño Norte no tramo común co Camiño Francés, con gran cantidade de bosque autóctono de carballos e castiñeiros e practicamente a ausencia de eucaliptos en todo o percorrido. Participaron un total de 60 senderistas e para repoñer forzas repetimos o mesmo restaurante da 10ª etapa: Casa Carballeira, en Arzúa onde nos prepararon un fantástico menú que satisfixo ao máis esixente dos camiñantes. A próxima etapa do Camiño Norte será o sábado 17 de decembro para percorrer a 12ª e última etapa, que discorre entre Pedrouzo e Santiago. Antes de finalizar o Camiño Norte realizarán o domingo 4 de decembro a xa clásica ruta pola Fonsagrada, que serve cada ano para dar boa conta dun fabuloso cocido.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



