As Asociacións Salto do Coro de Mondoñedo, o club Tripenta de Lugo organizan a primeira concentración de adestramento de dúatlon. Celebrarase o vindeiro sábado no polideportivo de Abadín ás 16.00 horas. Poderán participar todos os alumnos do colexio de Abadín que así o desexen, para o que se lles dará unha folla de inscrición non só para esta actividade senón para posteriores que as dúas asociacións realizan para potenciar o dúatlon, o atletismo, ou o campo a través.
Nesta actividade colabora o Concello de Abadín e a empresa INGETEAM, empresa que colaborará coa Asociación Salto do Coro en actividades deportivas de todo tipo, pero centrándose en actividades na Natureza, e en formación para voluntarios.
A Asociación Salto do Coro agradece a colaboración en todas as actividades que realiza fomentando o deporte en idade escolar.