No pavillón de deportes de San Miguel, a cuberto da choiva que caía a rego cheo, tivo lugar unha nova enganchada billardeira ca participación de cinco ducias de palanadores en deportiva loita por acadar os postos de honra da xornada.
En cada aberto van aparecendo caras novas que veñen agrandar e dar maior colorido a tribu billardeira, uns con mais fortuna ca outros, pero todos ca millor disposición de participar e axudar a espallar o deporte da billarda. Vamos medrando, sen prisa pero sin pausa, que como di o refraneiro “À auga de correr e ós cans de ladrar, non llo podes privar”.
Xa que a choiva non obrigaba a xogar a cuberto, non estábamos tan apurados de tempo e daquela demos comezo as carreiras logo de agardar un bo anaco para que foran chegando os que (maiormente por ser de máis lonxe ou por mor do traballo) viñan con demora.
O resoar dos golpexos do palán na billarda, que saía escopetada cara adiante, fundíase nun todo co barullo xeral, que subía decibelios cando un palanador conseguía un “varado”. Hoxe si, hoxe era un bo día para os tiros directos e foron uns cantos, dezaseis finalmente os acadados en toda a xornada e precisamente por xogar no pavillón, a xente xogaba confiada e non foron poucas as billardas que saían desviadas a rentes do varal.
E mentres o xogo discurría, o seleccionador nacional Manolo Flores desapareceu e voltou cun cargamento de castañas asadas que foron o deleite dos palanadores e xiareiros presentes.
Os debutantes iban paseniño entrando no xogo, con maior ou menor sorte e dando algún que outro susto os mais veteráns. Entre os que poideramos chamar “novatos” destaca favorablemente “Sachas”, unha das incorporacións deste ano dos Troitas Bravas, que en moi pouco tempo, esta acadando un envidiable nivel de xogo. Encóntrase cómodo na parte alta da táboa clasificatoria e destaca tamen en varados. Parabéns.
Ao remate das carreiras o dominio dos Billardeiros Musicais foi asoballante. Markytos e Manu Pozo (24 puntos c/u) loitaron polo primeiro posto saindo gañador o bicampión nacional, mentres que o seu compañeiro Rubén víase superado na loita polo terceiro posto por un entonado Jorge dos Remourelle Bulls, que evitou deste xeito un podio monocolor.
En equipos, os Billardeiros Musicais manteñen a condición de invictos e consolidan o primeiro posto, aumentando a súa vantaxe.
No apartado de donas, parece que Lola Eiras de Polka Miseria, está collendo forma e quere rebaixar a distancia ca xefa Geni, hoxe como a derradeira xornada, empataron a dezanove puntos, terceira foi Lorena con once puntos.
En varados a xornada pechouse con dobletes de Charli, Markytos, Pepe de Outeiro e Sachas e outros que se estrearon ata completar os dezaseis da xornada.
Os agasallos para os primeiros foron entregados por Flores, na súa faceta de anfitrión e coordinador do aberto, e para remate da xornada, puxo o broche de ouro con unha partida de petiscos de torrezmos e chourizos, pan e viño do que disfrutamos todos xuntos, aparcadas as rivalidades do xogo, en boa amizade e mellor camaradería. Isto é billarda: Xogo e festa rachada!
As clasificacións quedan así:
Absoluta
1º Rubén (Billardeiros Musicais) 80 p.
2º Manu Pozo (Billardeiros Musicais) 74 p.
3º Coedo (Billardeiros Musicais) 70 p.
Donas
1ª Geni (Billardeiros Musicais) 67 p.
2ª Lola Eiras (Polka Miseria) 50 p.
3ª Irea (Carabullo) 44 p.
Equipos
1º Billardeiros Musicais, Ribadeo 333 p.
2º Chaínzos-Cadaval, Castro de Rei 300 p.
3º Carabullo, Outeiro de Rei 270 p.
Varados
Migho (Chainzos-Cadaval) 3
Pepe Outeiro (Chainzos-Cadaval) 3
Charli, Markytos, Sachas 2
Antes do torneo do Galo (10 decembro en Ribadeo), temos a disputa da “X Copa Cantábrica” en Avilés onde agardamos renovar título contra a selección asturiana.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
