O Frutas Jose FSF impúxose por 3-0 ao Monterro FSF o que fai que siga invicto na competición ligueira tras a disputa de tres xornadas, sumando duas vitorias e un empate, e sendo o único equipo da competición que ainda non encaixou ningún tanto en contra nestas tres xornadas.
O partido foi de claro dominio das locais diante dun Monterroso que deixaba xogar e apenas inquedaba a porteria defendida por Iria, a xoven porteira viveirense que debutaba na competición neste partido e que solventou con seguridade as poucas ocasións de perigo xeradas polas monterrosinas.
A primeira parte rematou con resultado de 1-0, tanto obra de María Balsa a saida dun corner, unha primeira metade na que a falta de acerto de cara a gol das locais impediu unha maior ventaxa destas.
O segundo periodo sigueu o mesmo guión, cun Frutas Jose que monopolizaba a posesión do balón e un equipo visitante que se estiraba algo mais en busca de equilibrar o encontro, pero que veía como as viveirenses chegaban con faciliddade diante da su portería, o que fixo que primeiro Mery subira o 2-0 e xa nos minutos finais Nerea situase o 3-0 final.
Frutas Jose.: Iria, Maria Balsa, Marta, Nerea e Rosana. Tamén xogaron.: Bea, Mery, Andrea, Sandra e Saray.