Celeiro, 29 de decembro de 2016.- A Consellería do Mar destina preto de 128.000 euros en apoio do sector pesqueiro lucense para que poidan reforzar a vixilancia das súas concesións e impulsar plans que contribúan á mellora da xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros e á conservación e protección dos ecosistemas mariños.
Así o explicou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, no transcurso dunha primeira xuntanza de traballo con representantes das entidades que xestionan estas axudas, en concreto as confrarías de Ribadeo, Burela, San Cibrao, O Vicedo e Celeiro así como a Agrupación de Mariscadores e Mariscadoras de San Cosme. No encontro, tamén participou o xefe territorial do Mar, Pablo Fernández Asensio.
Balseiro trasladou aos representantes do sector pesqueiro da Mariña lucense que as actuacións postas en marcha ao abeiro deste programa permiten a contratación de ata oito traballadores que desenvolverán tarefas de vixilancia e asistencia técnica nos espazos das distintas concesións. O responsable territorial destacou tamén que nesta ocasión as achegas incrementáronse un 23% respecto ás outorgadas na anterior convocatoria.
Vixilancia e asistencias técnicas
Os gardapescas marítimos realizará os labores de salvagarda do medio mariño e das súas especies, establecendo condicións de acceso ás zonas de pesca, cobren practicamente toda a costa lucense e céntranse basicamente nos bancos marisqueiros. Este persoal de vixilancia actuará baixo a supervisión do Servizo de Gardacostas de Galicia e en colaboración con este no exercicio das súas funcións.
Pola súa banda, os traballadores que prestan asistencia técnica elaboran e fan o seguimento dos plans de explotación e xestión sustentable dos diferentes recursos que presentan as confrarías e que se desenvolven pola costa de Lugo, como o percebe, ourizo, coquina, berberecho, ameixa fina, ostra, bígaro, lapa ou longueirón, entre outros.
Proxectos conxuntos
No caso lucense todos os proxectos colectivos desenvolveranse durante o período do 01 de xullo de 2016 ao 30 de xuño de 2017 e primáronse as actuacións conxuntas das entidades. Así, Ribadeo e a Agrupación de Mariscadores e Mariscadoras de San Cosme xestionan de forma conxunta a axuda e contrataron a dous vixilantes e un técnico de xestión; as confrarías de Burela e San Cibrao contrataron a dous vixilantes, e por último, as de O Vicedo e Celeiro contrataron en común a dous vixilantes e un traballador para a asistencia técnica. Todos teñen unha vixencia de entre 6 e 12 meses, se ben o programa terá continuidade en próximas convocatorias.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



