Ribadeo, 26 de decembro de 2016.- A Xunta de Galicia investiu preto de 900.000 euros en actuacións de mellora de infraestruturas e servizos no concello de Ribadeo nos últimos meses. Así o explicou o delegado territorial, José Manuel Balseiro, quen se referiu ás principais iniciativas impulsadas na localidade e sinalou que son “unha mostra do compromiso do Goberno de Galicia cos veciños e veciñas deste municipio”.
O delegado territorial realizou estas declaracións tras supervisar a obra de mellora do saneamento na rúa Alza-Cemiterio, unha obra de máis de 50.000 euros de investimento que recibiu unha subvención da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Os traballos consistiron na substitución dun tramo da rede de saneamento municipal, cambiando un dos colectores, instalando varios pozos de rexistro e substituíndo a canalización de formigón por outra de PVC. Así mesmo, reparouse o firme cunha capa de aglomerado asfáltico en quente, entre outros traballos.
A zona acondicionada é basicamente residencial pero ten moito tránsito, tanto de vehículos como de peóns, xa que é de paso obrigado ao cemiterio e tamén a urbanizacións privadas, espazos hoteleiros e zonas deportivas.
O delegado puxo de relevo a implicación da Xunta coa mellora de dotacións do concello de Ribadeo, que se manifesta noutras liñas de colaboración, como o Plan Marco de mellora de camiños municipais da Consellería do Medio Rural, que destinou preto de 60.000 euros para o arranxo de dúas vías na parroquia de Arante: o camiño de acceso a Cei dende a estrada LU-P-5204 e o camiño a Madanela dende a LU-133.
A través da Oficina de Rehabilitación destínanse á mellora de vivendas na localidade máis de 64.000 euros, e igualmente se consignaron fondos para espazos naturais, entre os que cabe destacar os preto de 200.000 euros investidos no servizo de control e vixilancia contemplado no Plan de Conservación da praia das Catedrais, pero tamén os 20.000 euros que recibe Ribadeo para o bienio 2016-17 para labores de extracción de vexetación exótica e plantación de arborado autóctono na marxe da ría.
Reforzos en materia de persoal
Durante este ano a Xunta propiciou tamén a contratación de persoal para reforzar determinados servizos ou executar obras de interese social, como os 16 alumnos traballadores do obradoiro de emprego, oito socorristas que realizaron funcións de vixilancia nas praias durante o verán, un axente de emprego, dous peóns a través do programa Aprol Rural, e un traballador para a oficina de turismo. En conxunto, as axudas nesta materia sumaron máis de 184.000 euros.
No eido dos servizos sociais, cabe lembrar que a Consellería de Política Social destina ao concello 200.000 euros para sufragar o servizo de axuda no fogar, ademais de desenvolver accións de intervención social nos seus propios centros.
O delegado explicou que “a Xunta presta colaboración permanente aos concellos co ánimo de dar resposta ás principais necesidades que presentan, para que todos os veciños e veciñas da provincia disfruten en condicións de igualdade duns servizos públicos de calidade”.
Na mesma liña, sinalou, “asumimos a necesidade de actualizar e mellorar constantemente os servizos e dotacións que prestamos de forma directa aos cidadáns”. Neste apartado, referiuse ás obras executadas recentemente no centro sociocomunitario e na escola infantil Santa María do Campo, que xunto co novo equipamento adquirido para ambos centros alcanzan un orzamento de case 51.500 euros.
Realizáronse tamén obras de mellora en centros educativos, como o CEIP Gregorio Sanz e o IES Dionisio Gamallo Fierros, por importe de máis de 28.000 euros.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



