Galicia ten unha débeda coa xenial pintora Maruja Mallo (Viveiro, 1902-Madrid, 1995). Malia que naceu na Mariña Occidental, as súas lembranzas eran da Costa da Morte, porque viviu na súa neneza en Corcubión cuns seus tíos. Nos anos 20 xurde como artista naquel Madrid da xeración do 27, canda Alberti, García Lorca ou Dalí e amosa unha obra orixinalísima inserida nos vangardismos da época. Mais nos primeiros 30 amplía estudos en París, incorporándose ao surrealismo e partillando con Breton e Éluard. No 1936 botou un verán enteiro na Galicia tirando ideas para o seu Cuaderno de Galicia. Exiliouse no 1937 e pasou a Chile, Arxentina e USA para se establecer en Madrid no 1965, nunha cidade gris que tanto contrastaba con aquela cidade brilante dos 20 e 30. Morreu na mesma cidade no 1995, despois de recibir o afecto, mais non o cabal entendemento, de moitos dos referentes daquela movida madrileña dos 80.
Galicia ficou á marxe de todo recoñecemento á obra de Maruja Mallo, unha das melloras pintoras do século XX a quen sen dúbida lle rebaixou coñecemento a súa condición feminina, o delongado exilio e unha personalidade independente que quizais fixo medrar á personaxe e minguar á artista. Hai, claro, excepcións (a exposición primeira do CGAC e a da Fundación Caixa Galicia, a exposición Mulleres do silenzo comisariada por Rosario Sarmiento, o documental Maruja Mallo, mitad ángel mitad marisco, de Antón Reixa para TVE ou a biografía dos historiadores Carlos Nuevo Cal e Emilio Xosé Insua Maruja Mallo, de prometedora pioneira a artista universal).
Malia os moitos anos que viviu, a súa obra, cualitativamente moi importante e variada non é esaxerada cuantitativamente. Quere isto dicir que podería ser obxecto de exposicións temporais ou permanentes na Cidade da Cultura de Galicia, canda outros artistas senlleiros. Que mellor ca unha mostra da mellor arte deste País para encher de contidos unha obra tan desaquelada, mais que está aí e compre aproveitármola.
Maruja Mallo é parte da historia da arte europea e o seu nome ficou asociado de vez cos mellores do surrealismo do Vello Continente. Como ten dito Rosario Sarmiento foi unha muller que loitou dende todas as frontes pola súa liberdade, por ser unha auténtica artista do seu tempo por riba dos atrancos, os prexuizos do seu sexo ou a definición feminina…
Xoán Antón Pérez-Lema



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



