O Pescados Rubén-Burela FS saltará este á pista do Centro Insular de Deportes de Gran Canaria ás 20.00 horas (hora local) coñecendo xa a identidade de tres dos protagonistas de semifinais de Copa do Rei, que se decidirán hoxe en cuartos entre Valdepeñas FS-Magna Gurpea, Levante UDDM-Jaén Paraíso Interior e Catgas Enería-ElPozo Murcia. “Esperamos entrar na historia do club; unha vitoria ante Gran Canaria FS daríanos a grande oportunidade do Pescados Rubén de entrar en semifinais” explicaba entusiasmado Raúl García, Cuco.
“Son competicións diferentes e o resultado do sábado non vai influír, aínda que oxalá a vitoria volva caer do noso lado” ansiaba o 21 laranxa, un dos estandartes rematadores do partido de liga fronte aos insulares hai tan só tres días (4-10), xunto a Iago Míguez, Matamoros e Isi. “O importante é que gañe o equipo, a autoría dos goles é anecdótica. Moitas veces axúdase igual, ata máis, doutras formas aínda que non haxa goles” restaba así relevancia ao seu acerto de cara a portería a ala madrileño.
“Non estamos afeitos a estar tantos días concentrados e faise un pouco tedioso, pero intentamos compensalo coa mentalidade de competición. Despois do adestramento desta mañá, pola tarde daremos un paseíño para despexar a mente e mañá a por todas no partido” concluía Cuco.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
