A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e a Primeira Tenente de Alcalde do Concello da Pontenova, Isabel Couto González, inauguraron este sábado a Xornada de Tendencias: repensar, reciclar, renovar que ten lugar na Casa do Concello durante todo o día. Esta xornada forma parte da programación gratuíta deste ano da X Edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova que ten lugar durante esta fin de semana.
A xornada trátase dun evento no que reputados profesionais dan conta de innovadoras técnicas que se poden aplicar aos oficios tradicionais, conxugando innovación e tradición, co obxectivo de reinventar e potenciar este sector. Inclúe a presentación de innovadores proxectos sobre a transformación do moble, cos que se conseguen pezas únicas. A xornada está aberta a todo público e é de entrada gratuíta.
Durante a fin de semana, estase a celebrar a X Edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que reune a máis de 60 artesáns e anticuarios. Terán lugar demostracións de oficios tradicionais en vivo. Haberá menús con prezos vantaxosos nos establecementos da vila. Celebrarase a primeira ruta da moto antiga. O municipio pontenovés garda unha fonda tradición de anticuarios, pois a esta vila acudían anticuarios de toda Europa na procura de pezas rústicas e tradicionais.
Programación da Xornada
– 11:00 horas. Reci-creando: por un mundo máis sustentable. Blanca Arregui presentará o portal de venda online de mobiliario reciclado ARTILUJOS. Arregui é licenciada en dereito, e conta con varios másters, desenvolveu parte do seu labor profesional no estranxeiro. Actualmente é especialista en en Social Media Management e Redes Sociais, desenvolvendo a súa carreira profesional como autónoma neste campo, compaxinándoo co emprendemento. A súa preocupación polo cambio climático e o medio ambiente lévanlle a coller as rendas da empresa Artilujos en setembro de 2015, desenvolvendo o seu labor profesional coa sustentabilidade e o traballo de artesáns locais como bandeira.
– 12:00 horas. Tendencias no mundo da reciclaxe creativa. Estará a cargo de Susana Aparicio, artista e xestora, promotora e directora do Salón Internacional de Reciclaxe e Sustentabilidade. A súa dilatada experiencia profesional á fronte de asociacións, organizacións profesionais e prensa especializada, levouna a crear no ano 2009 o Salón Internacional de Reciclaxe de Arte e Sustentabilidade, máis coñecido como RECICLAMADRID. Motor de novas vías de desenvolvemento, produción e impulso do deseño e a arte a través da aplicación dos valores que convidan a aplicar as 3 R: Reutilizando, Reciclando e Reducindo. Desde esta plataforma organizou numerosas conferencias, exposicións, encontros, workshops, instalacións, performances, cinema, mesas redondas en con a participación e colaboración de Museos, Concellos, Centros Comerciais e Universidades de España, Portugal e Italia.
– 13:00 horas. Revivindo: unha alma nova para vellos obxectos. Participarán Marcos Ladra, artesán da talla en madeira e restaurador; Ráquel López, artista plástica e tatuadora en Camaleón Tattoo; e Javier Sánchez-Montaña, arquitecto consultor Supp Art Assitant. Amosarán, entre outras moitas cuestións, como levar a arte do tatuaxe ao sector do moble. Exporán unha orixinal peza tatuada en talleres da Pontenova.
O artesán Marcos Ladra é artista da talla en madeira e restaurador, graduado na especialidade de talla, ebanistería artística e moble clásico, pola Escola Superior de Artes Ramón Falcón. Dende o ano 2014 da man do Estudo de Restauración Parteluz, traballará na restauración do Santuario dá Virxe da Barca, ou Mosteiro de Samos, a Catedral de Santiago, ou Mosteiro de San Clodio de Leiro.
Raquel López artista plástica, é graduada en Artes Aplicadas e Oficios Artísticos na especialidade de Deseño Gráfico, conxuga os seus coñecementos e destrezas nunha serie de obras pictóricas coas que participará en certames internacionais. No seu periplo artístico crúzase cunha linguaxe, novo e antigo, onde ademais da plasmación da beleza, é necesario captar e sacar á luz a necesidade profunda dun ser humano. A tatuaxe. Exerce como tatuadora no seu estudo Camaleón Tattoo, servindo de receptora, catalizadora e depositaria dos anhelos e necesidades dos seus clientes, e creando coa sensibilidade que lle caracteriza, algo único e intenso.
Javier Sánchez-Montaña é arquitecto consultor, desenvolveu a súa experiencia profesional en obra pública e privada en despachos de arquitectura tan renombrados como BCA Arquitectura ou Cúbic en Barcelona. Interiorista comercial e visual merchandising pola Escola de Escaparatismo Artidi. Actualmente desenvolve o seu traballo como consultor achegando solucións para o desenvolvemento de actividades vinculadas á Arte, o Deseño e a Artesanía.
– 16:00 horas. Presentación de pósters. Espazo reservado para a presentación de novos talentos e proxectos de emprendedores.
– 16:30 horas. Descubrindo o sabor do Antiguo con Chus Cano. É presentadora na canle Decasa de varios programas, entre eles Reciclarte, no que dá vida a pezas que estaban no esquecemento; Con Material de Derribo, no que nos ensina como con materiais, non convencionais, podemos conseguir pezas decorativas e De Rastros con Chus, no que a podemos acompañar por distintos rastros e mercadillos en busca de tesouros que recuperar. En todos eles realiza, recupera ou transforma pezas que podemos ter ao noso ao redor, grazas a técnicas artesanais tradicionais de restauración, pintura decorativa, etc. Tras o éxito conseguido polos programas que protagoniza en canle Decasa, a restauradora publicou o libro Reciclarte no que dá as claves e os trucos para crear paso a paso algúns dos seus deseños máis queridos.
Demostracións en vivo
Na Casa da Cultura haberá demostracións de oficios tradicionais en vivo en quenda de mañá e de tarde. Para elo, está confirmada a participación de 6 artesáns:
– Cecilia Carballo Castrillón fará unha demostración de tear.
– José Mª Rodil Arruñada de escultura en madeira e de forxa.
– Aurora Rodil de encaixe de bolillos e pintura en tea.
– Michelle Pío Dasilva de labores en tea e ganchillo
– Jesús Iglesias de torno
– Luisa Martínez Vázquez de cestería en mimbre.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



