A Asociación de Novos Empresarios de Lugo (AJE Lugo) celebrou a súa asemblea xeral con carácter electoral, na cal se procedeu a unha renovación da súa xunta directiva: Mauricio Repetto Morbán, da empresa Centro Clínico 9, foi proclamado como novo presidente por unanimidade, en substitución de Juan Manuel López Labrada, de PyH Ingeniería.
Incorpóranse tamén á nova Xunta Directiva Carmen Figueroa da Ferreería Eventos & Co como vicepresidenta, e José Miguel Fernández Pérez de Xuntos Economistas que se mantén como Tesoureiro da Asociación. Á Secretaría Xeral incorpórase Yago Varela Pallarolas de 2PuntoZero – Solucións en Rotulación.
Isabel Lozano Verdes de Vinissi, Alberte Xoán Pérez Día de Queixería Praza do Campo, José Luís Celeiro Raposo de Sic Natura e Manuel Miguel García Rielo de Clínica Dental García Rielo, ocuparán as vogalías.