O programa de Nadal do Concello de Xove continua a súa marcha. Dentro do amplo espectro de actividades deseñados, para os vindeiros días haberá:
DOMINGO, 25 de decembro – DÍA DE NADAL
A partires das 18.00 horas, no Pavillón Municipal de Deportes un ESPECIAL NADAL co espectáculo infantil “SUPERFESTA CO MAGO LOCO”: espectáculo infantil, ameno e de variada animación onde os nenos e nenas participan subindo ao escenario, para ser axudantes na Maxia Cómica.
• Personaxe principal MAGO LOCO
• Números musicais con bonecos xigantes (Mickey Mouse, Bart Simpson, etc.)
• Plátano xigante (canciones del Libro de la Selva)
• Ventriluoquía (Niña Rosita, Gallina Clementina e el Mono Mariano).
Rematado este espectáculo, os participantes poderán disfrutar dunha chocolatada.
A entrada a este espectáculo “Especial Nadal” é totalmente LIBRE E GRATUITA.
MARTES, 27 de decembro
Ás 17:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico, imos ter CINE INFANTIL coa proxección de “MASCOTAS”, con entrada libre e gratuita para tódolos públicos.