A Comunidade de Montes San Roque de Viveiro estrea este ano un adorno do Nadal que realza a cima do Monte, onde se sitúa a ermida do Santo. Este adorno consiste nunha gran estrela de Belén, que situada sobre a fachada da ermida, na escuridade da noite parece coma se a estrela se detívera sobre o cume do monte.
Esta estrela foi deseñada especialmente para a fachada da ermida, por un colaborador da comunidade de montes a petición da Xunta Reitora, a estrela está deseñada ao estilo da Estrela de Belén e ten unha lonxitude de 7,20 m e retro-ilumínase con luz led e é visible dende a distancia, dando a sensación do que realmente se pretendía que era situar a estrela guía na cima do monte San Roque indicando ao viaxeiro que na súa saia atópase a cidade de Viveiro, a cal poderá contemplarse desde o seu marabilloso miradoiro.
A Comunidade de Montes pretende así contribuír co seu grao de area a crear esa maxia do Nadal nun punto que é referente da cidade: o Miradoiro de San Roque.