Burela, 20 de decembro de 2016. A concelleira de Servizos Sociais en Burela, Patricia Otero, anunciou este martes que desde este luns está aberto o prazo para apuntarse nas actividades de manualidades, bordados, bolillos, ximnasia preventiva e escola de columna que se desenvolverán no 2017.
As inscricións deben formalizarse no Centro de Información á Muller, que está situado na Casa do Concello, en horario de 08:00 a 15:00 horas.
Patricia Otero anima á veciñanza do municipio a participar nestas actividades durante o vindeiro ano.