Para a Xunta de Persoal do Hospital da Costa estes asasinatos non poden ser considerados como dous casos máis dunha longa lista de feminicidios. Son catro xa as galegas asasinadas durante o ano 2016. Estas en tan só dous días, mais deberan ser os derradeiros. Non podemos asumir a cotidianidade dos asasinatos. É preciso denunciar os valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade a violencia contra as mulleres.
Dende a Xunta de Persoal do Hospital da Costa consideran que a sociedade “non pode permitir que continúe este estado de alarma no que viven as mulleres”. “É necesario, para iso, ser contundentes nas respostas e medidas, así como sensibilizar e colectivizar que a violencia contra as mulleres é unha realidade que existe e urxe combater”, advertiu
Desde a Xunta de Persoal unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra o feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.