Foz a 26-12-2016.- O PSdeG-PSOE de Foz transmite ao Grupo Parlamentario Socialista propostas para ser incluídas dentro das emendas que os deputados socialistas presentaran aos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2017.
Desde o PSOE de Foz consideramos necesario que en ditos orzamentos se incluía unha partida orzamentaria de preto de 500.000 euros para o arranxo da estrada LU-151 que vai de Fazouro a San Acisclo. Esta é unha obra moi demandada polos veciños e por todos os que por dita estrada circulan. Cabe recordar que o grupo municipal socialista de Foz fai tempo presentou unha moción neste sentido para seu debate no pleno, sendo esta aprobada.
Por outra banda o proxecto de orzamentos da Xunta contempla unha partida de 50.000 euros para o dragado do porto de Foz, que a todas luces é claramente insuficiente e solicitamos se amplíe a 500.000 euros, non só para o dragado, senón tamén para a dotación de novos pantaláns. A pesares de que o Alcalde de Foz di que recibiu garantía de que esta situación íase corrixir, dende o PSOE creemos necesario emendar os presupostos neste sentido.
Aos socialistas non nos estraña a escasa partida que contempla a Xunta nos orzamentos para o dragado, vista a falta de consideración do PP coa mariña lucense e co pobo de Foz, cando os investimentos previstos pola Xunta para equipamentos pesqueiros na provincia de Lugo é de 90.510 euros, cantidade bastante inferior a das outras provincias como A Coruña ou Pontevedra.
O dragado do porto leva reclamándose dende fai anos por colectivos focenses coma a Cofradía de pescadores, o Clube Náutico, a asociación a Ribeira e por usuarios e propietarios de embarcacións deportivas, xa que impide o desenvolvemento do sector pesqueiro, náutico e recreativo e como consecuencia o crecemento socioeconómico e a creación de emprego.
O grupo municipal socialista- comenta o seu portavoz Chema Linares – leva insistindo na súa necesidade en varios plenos, onde fixemos varias preguntas ao respecto e sempre obtemos as mesmas evasivas do Sr. Alcalde, prometéndoo primeiro para a primavera do 2016 e agora para a do 2017. Esperemos esta vez sexa de verdade.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



