Xove 29-12-16.Como ven sendo tradicional nos últimos anos, o Concello edita un calendario que, este ano, vai adicado ás distintas festas de Xove.
A base do calendario son fotografías antigas, en branco e negro, das distintas festas que ao longo do ano celebran as nosas parroquias.
Para elaboración do calendario contouse, lóxicamente, coa aportación de moitos veciños que facilitaron, desinteresadamente, fotos antigas, as cales van incluídas neste traballo. Por iso, dende o Concello queremos darlles as grazas por todas estas aportacións.
Esta iniciativa ten moito de recuperación etnográfica; por iso, dende o Concello, faise un chamamento á colaboración dos veciños para que sigan aportando fotografías antigas, coas cales poderemos, dende o Concello, seguir con este tipo de iniciativas.