A Asociación Salto do Coro de Mondoñedo inicia o traballo de ofrecer á súa voluntarios formación para mellorar o traballo que realizan. Así, coa colaboración da Federación de Fútbol-sala, da Delegación de Lugo, organizan un curso de arbitraxe de fútbol-sala. Todo o mundo interesado pode informarse no teléfono 605 790 091.
Por outra banda, e de vital importancia, é o inicio en formación en primeiros auxilios onde a Asociación ofertará en xaneiro do 2017 un curso no deporte do mesmo xeito que charlas e prácticas que complementen a formación en primeiros auxilios dos voluntarios que colaboran coa Asociación. A Asociación envorcarase na formación sobre todo en primeiros auxilios, realizando prácticas continuamente e reciclando aos voluntarios.
Búscase tamén, con estas accións formativas gratuítas dirixidas aos voluntarios e membros da asociación, e a empregados da empresa INGETEAM, empresa que colabora coa Asociación en moitas das súas actividades, sobre todo nas de deporte na natureza.
A Asociación Deportiva buscará agora a colaboración de distintas asociacións e institucións públicas para mellorar a formación que vai ofertar aos seus voluntarios.