Lugo, 11 de xaneiro de 2017. Os deputados do BNG na Deputación de Lugo reafirmaron a súa proposta para a creación dun plan único de reparto de fondos entre os concellos da provincia similar ao posto en marcha nas Deputación de Coruña e Pontevedra. Os nacionalistas informaron que a creación deste plan será “condición necesaria” para o que o BNG lle dea o seu apoio ao proxecto de orzamentos provinciais do vindeiro ano 2017. Na proposta do BNG “o plan terá unha dotación económica, mínima, de 20 millóns de euros, irá dirixido a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes e rexerase por criterios obxectivos para un reparto proporcional e transparente”.
Antonio Veiga dixo que a creación deste Plan Único irá dirixida a englobar todas as axudas da Deputación aos concellos. Xunto co actual plan de obras e servizos, que ronda os 5 millóns de euros, este plan terá unha dotación mínima será de 20 millóns de euros pois englobará tamén outros plans existentes e, sobre todo, os cartos destinados ás subvencións asignadas sen criterios obxectivos. Veiga sinalou que este novo reparto farase “respectando as condicións de poboación, ruralidade, extensión, dispersión, avellentamento, despoboamento, etc… de cada un dos municipios”.
Neste Plan Único deberíanse incluír, cando menos as seguintes liñas: o actual POS; as subvencións excepcionais; os convenios de colaboracións, os plans de cooperación con comunidades veciñais; os plans de emprego que xestiona directamente a deputación; os remanentes que se produzan ao rematar o ano 2016; o servizo de axuda no fogar (SAF); as liñas de aforro enerxético; e todas as liñas de cultura e deporte, etc.
Falta de lealdade do PSOE
“É unha falta de lealdade do PSOE coa oposición estar comprometendo partidas para os vindeiros anos sen informarnos destes convenios encubertos e mentres que teoricamente se están a negociar os novos orzamentos” dixo Xosé Ferreiro. Sinalou que “o PSOE está aprobando, a través da xunta de goberno, algunhas subvencións que inclúen partidas plurianuais e que deixan comprometidos fondos desta Deputación para anualidades vindeiras”. Para o BNG “non é normal que actúe deste xeito un goberno que está en minoría e que vai depender dos grupos da oposición para a aprobación dos orzamentos neses anos vindeiros”.
Falta de contestación á solicitude de información económica
Ao mesmo tempo, dende o BNG tamén informa que levan esperando unha información económica solicitada por escrito hai semanas, información imprescindíbel para poder perfilar a súa proposta de orzamentos. “O feito de que aínda esteamos a esperar esta información económica parece indicar que o PSOE ten pouco interese de chegar a un acordo co BNG e que, en todo caso, prefire caer en mans do PP para volver a “repartirse o pastel” ao igual que ocorreu coa aprobación dos orzamentos do 2016”, afirmou o deputado do BNG Xosé Ferreiro.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



