Foz 3-1-17.A Asociación Cidadá contra a Letra Pequena – CON LUPA, desenvolveu ao longo deste ano varios actos públicos en toda a provincia para informar das consecuencias económicas que tiñan as “cláusulas solo” para as persoas que asinaron unha hipoteca nos últimos anos.
Nestes actos informamos do que eran as “cláusulas solo”, da súa repercusión económica no total da hipoteca, da sentenza do Tribunal Supremo (TS) declarándoas ilegais a partir de maio de 2013, das demandas colectivas que se estaban presentando para anulalas e reclamar a devolución de todo o capital estafado polas entidades bancarias con este produto.
Tamén informamos nestes actos de que se estaba a espera dunha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, para determinar si os bancos tiñan que devolver todo o cobrado de máis a través das “cláusulas solo” ou solo desde maio de 2013, data da sentenza do TS.
Este mércores, 21 de decembro, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditou sentenza, condenando aos bancos a devolver integramente aos seus clientes todo o diñeiro cobrado de máis a través das “clausuras solo”, desde que foron incluídas nas súas hipotecas.
Este novo éxito xudicial, é produto da loita que múltiples colectivos, asociacións e persoas estafadas veñen levando a cabo contra as entidades bancarias, desde que se descubriu a estafa das preferentes e subordinadas, para denunciar o espolio que estas veñen cometendo con miles de clientes. Espolio consentido, en moitos casos, polos propios organismos do Estado que tiñan a obriga de controlar e impedir que se cometeran semellantes estafas.
Mención aparte merece a postura do Tribunal Supremo, que recoñece que as “cláusulas solo” son abusivas, que hai que devolver os cartos cobrados de máis aos clientes estafados, pero solo desde o día que o TS ditou sentenza (9 de maio 2013), pois facelo desde que se asinara a hipoteca suporía un quebranto importante para as contas de moitas entidades bancarias. Para o máximo órgano de xustiza do Estado español, ao igual que fixeron o PP e o PSOE cando reformaron o artigo 135 da Constitución, é máis xusto protexer o negocio privado das entidades bancarias que os dereitos e intereses de millóns de persoas que necesitaban eses cartos para conservar, en moitos casos, a súa propia casa hipotecada, e noutros, para resistir mellor a crueldade dunha crise provocado pola propia banca, rescatada sempre cos cartos de todas e todos nós.
Por este motivo, a Asociación Cidadá contra a Letra Pequena – CON LUPA, vai celebrar o próximo mércores, día 4 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa de Cultura de FOZ, un acto público para informar do contido e alcance da sentenza do Tribunal Europeo, das súas consecuencias económicas e das posíbeis vías para reclamar o capital cobrado de máis polas entidades bancarias.
Neste acto intervirá Patricio Viveiro, avogado con experiencia en informar e denunciar estafas bancarias, como a das preferentes e subordinadas, valores, bonos convertíbeis… e agora: cláusulas solo.
O acto é público e aberto a todas as persoas afectadas ou interesadas por estes produtos financeiros.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



