O venres, día 20 de Xaneiro de 2017, ás 20,30 h. na Libraría Bahía, con entrada libre, terá lugar a presentación en Foz da novela MUNDOSUEÑO, gañadora do I CERTAMEN KIFBOOK 2016, escrita polo mindoniense Elías Noel Fernández.
O acto, deseñado en formato semellante ás tradicionais veladas literario – musicais, será presentado por Cielo Fernández e, ademais do autor, contará,coa participación dos relatores Francisco Piñeiro e Bernardo Penabade acompañados da xove promesa Hugo Eiroá e do cantautor mariñán Fran García que amenizarán a velada con anacos musicais axeitados ao contido da novela.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



