Burela, 27 de xaneiro de 2017. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, nega taxantemente que a Policía Local estea na zona do Hospital da Costa para multar. O rexedor burelés asegura que a presenza dos axentes pretende garantir a circulación, que se ve dificultada polas obras que se están a levar a cabo.
Alfredo Llano dixo que “diante das noticias que están aparecendo un día si e outro tamén, de que o Concello de Burela está multando a decenas de usuarios dos aparcadoiros do Hospital, dicir de maneira taxante que non é certo, non é verdade”.
O alcalde asegurou que “o único que se fixo desde o Concello de Burela é procurar enviar aos gardas municipais alí para facilitar, regular e dispoñer cómo poden circular os coches sen que entorpezan a vía para dar facilidade á xente que vai usar o hospital. O que está facendo o Concello de Burela con respecto a este tema é colaborar coa dirección do hospital, estamos tratando de facer alí as obras de pintado suficientes, normalizar aquela situación, regular e facilitar que a xente circule da mellor maneira posible, e sobre todo que non interrompa para nada as ambulancias, aos camións de reparto, de menciñas, etc…”.
O rexedor contou que “aparentemente vese así como se fora un castigo a única proposta que facemos desde o Concello, e non é verdade. Nosoutros o que tratamos desde o Concello é facilitar e regular aquela situación que agora mesmo, hai que recoñecer que é moi difícil porque o que antes era un espazo para aparcadoiro agora é un espazo de obras, e evidentemente non se pode aparcar. Non se pode pretender ter a mesma facilidade de aparcamento que existía antes, o que estamos a facilitar é lugares onde poida aparcar a xente e que esas zonas estean preto. Os aparcadoiros que está facilitando tanto o hospital como sobre todo o Concello de Burela, que xa fixo nesa zona aparcadoiros para máis de 300 coches”.
Alfredo Llano sinalou que “non imos alí e aproveitamos a coxuntura para multar. Estamos enviando xente pero para facer o contrario, que non exista interrupción, que o traballo se poida desenvolver perfectamente, que a xente que necesite poida ir ao hospital e acudir pola rampa para deixar a un enfermo, é o que se está procurando. Se hai coches que interrompen esa circulación por esas vías que son necesarias, urxencias ou a rampa de entrada, evidentemente hai que botarlle unha man á xente que vai ao hospital para que poida acceder con normalidade. Esa noticia, a referida ás multas, é mentira absoluta, o que se di que se está multando a decenas de persoas, non é certo. Contrariamente o que se está facendo é ir por alí, pero para regular e mellorar todo o que sexa a circulación viaria nesa zona que agora mesmo, hai que recoñecer, que é difícil”.
O alcalde engadiu que “foron dúas ou tres multas as que se puxeron, pero non na zona do hospital. Alí non podemos multar xa que non temos atribucións para facelo. Houbo dúas ou tres multas porque algúns deles estaban aparcados encima de pasos de peóns e outro estaba ocupando un sitio que impedía a libre circulación de vehículos que irían para o hospital, como pode ser unha furgoneta de reparto. Viña xente que pensaba que estaba multada cando realmente o que tiña era un aviso de que non podía estar nesa situación, nese lugar, por algunha razón, pero iso non quere dicir que estiveran sancionados”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



