Ribadeo, 23 de xaneiro de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, insiste en reclamar ao Ministerio de Fomento que asuma o pago do alumeado da Ponte dos Santos. O rexedor considera que Ribadeo e Castropol conseguirán que se faga xustiza e critica a resposta remitida polo Defensor del Pueblo.
Suárez Barcia declarou que “seguindo cunha infraestrutura que está de actualidade novamente como é a Ponte dos Santos, dado que nestes tempos o Ministerio de Fomento pretende poñer un novo radar de tramo na Ponte do Santos, un lugar que non é para nada conflitivo, aínda que as fochancas é certo que seguen sen tapar. Eu quero falar das inxustizas e do desamparo ao que moitas veces os cidadáns e tamén as administracións locais como as nosas, nos vemos abocados pola incomprensión ou polo inxusto desleixo que outras administración ou outras institucións fan sobre nós”.
O rexedor ribadense advertiu: “pero que non se confundan todas elas porque nós somos pequenos, pero cando a razón nos asiste non nos cala a boca ninguén, nin o Rei nin o Defensor del Pueblo, que é a quen me estou referindo”.
O alcalde lembrou que “hai un tempo lle enviamos un escrito da inxustiza que tíñamos Castropol e Ribadeo por non ter alumeada a Ponte dos Santos por quen ten que ser o titular desa infraestrutura, que é o Ministerio de Fomento”.
Suárez Barcia manifestou que “o Defensor del Pueblo, con sede en Madrid, contestounos literalmente por boca do que lle dixo o Ministerio de Fomento, sendo neste caso unha mera correa de transmisión e non un órgano autónomo, independente e sobre todo xusto, que é para o que foi creado”.
O alcalde engadiu que “a través dunha dura e xusta misiva indicámoslle todo isto, e ademais que os Concellos de Castropol e Ribadeo non podemos pagar o alumeado desa infraestrutura por non corresponder á nosa titularidade, por estar expresamente prohibido na lei do goberno do Estado, neste e do anterior, que aprobou a lei 27/2013, polo que non podemos asumir gastos que non nos corresponden”.
Fernando Suárez dixo que “me queda unha reflexión, ¿quen nos defende do Defensor?. En todo caso que saiban todos, as administracións que están involucradas nesta infamia, que faremos o posible e que, antes que despois, obrigarémolos a que cumpran as súas obrigas, que alumeen a Ponte dos Santos e que paguen o seu alumeado eles que son os titulares, e non os Concellos de Castropol e de Ribadeo”.





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



