Cervo, 30 de xaneiro de 2017.- O Concello de Cervo celebra un ano máis o Día dos Namorados co V certame de amor na rede. Nesta ocasión, a delegación de Xuventude, convoca o concurso “Un selfie por amor”, no que poderá participar calquera persoa maior de 14 anos.
Neste senso, a concelleira delegada de Xuventude, Dolores García, recorda “que levamos cinco anos consecutivos convocando este certame, co que pretendemos interactuar cos nosos veciños e veciñas a través, tamén, das redes sociais, conscientes de que xa forman parte das nosas vidas”, e este ano –engadiu- “queremos dar un paso máis, e sumarnos á tendencia do selfie, unha modalidade de fotografía recurrente na actualidade”.
Os traballos que se presenten deberán ser unha foto-selfie en formato dixital, acompañada dun pequeño texto, que os autores terán que enviar aos correos dinamización@concellodecervo.com ou omix@concellodecervo.com.
Os participantes poderán enviar cantas fotografías desexen ata o vindeiro 13 de febrero, cando remata o prazo. O fallo do xurado farase público o 14 de febrero, Día dos Namorados.
Os selfies gañadores serán publicados nas redes sociais do Concello de Cervo, e os seus autores recibirán un premio por categoría (de 14 a 17 anos, e de 18 en diante).
A edil de Xuventude puntualiza que “o tema xenérico deste concurso é o amor, pero o amor en calquera das súas versións, como pode ser a amizade, a familia, a parella, o amor polas nosas mascotas…ou calquera idea que teñan no maxín os participantes, porque se valorará tanto a orixinalidade como o sentimento, segundo o xurado o interprete en cada traballo”.
Xunto a fotografía deberase entregar unha autorización de reportaxes (foto e video), que se enviará ao mesmo correo onde se reciben os traballos.




















No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.



