O Concello de Lourenzá contratará a dúas persoas para reforzar ao servizo de axuda no fogar.
A alcaldesa, Rocío López, anunciou que “o Concello de Lourenzá vai contratar nos vindeiros días a dúas persoas para reforzar a prestación do servizo de axuda no fogar. Os interesados en optar a estas prazas poderán anotarse no Servizo Público de Emprego de Galicia ata o día 6 de febreiro. Os postos ofertados son dous auxiliares de axuda no fogar, con carácter de persoal laboral temporal, a tempo parcial por un período de 6 meses”.
A rexedora engadiu: “esperamos deste xeito poder reforzar e mellorar a calidade do servizo prestado e atender dun xeito máis eficiente aos usuarios”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



