Mondoñedo, 16 de xaneiro de 2017.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo volverá ter presenza este ano en Fitur onde a alcaldesa, a popular Elena Candia, dará a coñecer ao sector o proxecto ‘Municipio para investir’ co propósito de promocionar a localidade fóra de Galicia.
A rexedora avanza ademais que o seu equipo de Goberno xestionou reunións con ata 15 axencias de viaxes. En concreto, a tres delas presentaránselles as oportunidades que ofrece o Concello de Mondoñedo para investir.
Conseguir máis visitantes
O obxectivo desta presenza en Fitur, explica a rexedora, pasa por conseguir máis visitas de turistas e chegar a acordos con touroperadores, como xa se fixo en anualidades anteriores para seguir consolidando a visita de grupos e familias. Con este propósito desde o Concello tamén se están a xestionar reunións con posibles emprendedores, engade.
Amais da presenza en Fitur e aproveitando a viaxe á capitalidade de España, Elena Candia fará unha presentación na Casa de Galicia en Madrid do informe ‘Municipio para investir’, un acto no que abundará sobre todos os recursos que ten o municipio para atraer visitantes. “Para nós o turismo é un sector estratéxico e dinamizador da economía local, polo que estamos volcados para para que as nosas accións dean os mellores resultados”, explica a rexedora.
Mondoñedo, municipio para investir
O material que o Concello achega a Madrid recolle unha pormenorizada relación dos recursos do municipio e das posibilidades empresarias que ofrece. O estudo, que xa foi presentando en Madrid e Barcelona, “permitirá poñer en valor e dar a coñecer todos os recursos que ofrece a cidade e captar dese xeito tanto o turismo como a inversión que precisa o municipio”.
Candia salienta que algúns dos potenciais mindonienses que se abordan, son entre outros, “a situación xeográfica, a súa proximidade ao mar e aos fluxos turísticos, os seus enclaves turísticos máis destacados, o rico patrimonio histórico e arqueolóxico, as tradicións culturais, a gastronomía e as actividades produtivas; xunto aos recursos naturais da localidade, á dispoñibilidade de chan industrial a prezos asequibles, ás instalacións industriais e inmobles ociosos e aos incentivos públicos existentes, entre outros”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



