Foz, 7 de xaneiro de 2017. O día 13 deste mes comeza unha nova edición do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. Desenvolverase todos os venres ata o 3 de febreiro e repartiranse un total de 2.400 euros en premios, que consisten en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao CCA focense.
Os sorteos serán ás once de noite e emitiranse en directo a través de Radio Foz, no 107.4 da FM. Cada venres haberá 300 euros en vales para o Campañazo e outros tantos para todos os demais cartóns premiados.
Nesta iniciativa do CCA de Foz participan os establecementos hostaleiros: Acuario, As Brasas, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Cafetería Mayros, Casa Maño, Costumes do Mar, Dandy, Fraggle Rock, Marexada, Pizzería Xoíña, Tangarte Mariñeiro, Tangarte mesón, Tito & Pizza e Xoyma; e os comercios: Alain Afflelou Óptico Foz, Alba Vila Centro de Dietética y Nutrición, Asesoría Marcos Fernández, Bombonería Pastelería Amarena, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Electrodomésticos Celso, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Estanco Nº 2 (García Lorca), Farmacia Antonio Ulloa, Farmacia Fátima Saa, Ferretería Fuente, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Kukadas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería Bahía, Lourdes Lencería Moda Baño, Mapfre, MRW, Ofifoz, Parafarmacia Foz, Pastelería Anduriña, Pescadería Os Coyotes, Salai Campo, Suministros Veipa, Vagaluz y Viajes Rodríguez.
Apertura domingo
Con motivo das rebaixas de inverno os establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto de Foz estarán abertos ao público este domingo, día 8 de xaneiro, en horario de mañá.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



