Este martes rematou no Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral que a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña ten en Burela a actuación formativa “Taller de costura adaptada”. Esta actuación enmárcouse dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER ou FSE Galicia 2014-2020, no seu obxetivo 9 “Promover a inclusión social e loitar contra a probreza e calquera forma de discriminación”.
O obxetivo principal foi a mellora da empregabilidade das persoas con enfermidade mental. Para conseguir esto, traballáronse: as habilidades sociais, a mellora de hábitos prelaborais e a adquisición de formación básica e de tipo laboral adaptada as necesidades das persoas con enfermidade mental.
Os participantes amósanse satisfeitos coa formación recibida, xa que contribúe a mellora signiticativa da súa calidade de vida.




















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



