Lugo, 16 de febreiro de 2017.- Desde o Partido Popular de Lugo pedimos responsabilidade para traballar todos xuntos no combate da praga da couza da pataca, que non debera ser unha escusa para a confrontación partidista, pois trátase dun problema cuxa solución vén e virá definida exclusivamente polos técnicos.
Insistimos na necesidade da unidade de acción no obxectivo por todos perseguido de erradicar a praga, o que esixe centrar os esforzos nas medidas de información e sensibilización a produtores e comercializadores de pataca. Calquera acción noutra dirección estará contribuíndo á extensión da praga e xerando situacións de confusión indesexables.
Temos ante nós un problema de saúde vexetal que esixe traballar xuntos e cooperando todas as administracións. É básico actuar con unidade e responsabilidade para xestionar que os danos sexan os menores posibles e todos poidan acceder aos recursos, información e apoios xa en marcha, a través das oficinas agrarias comarcais.
O oportunismo político non pode negar a realidade. Actuouse dende o primeiro momento e tomáronse diferentes medidas de seguimento, control e erradicación, sempre en coordinación cos agricultores afectados e con outras administracións. Proba diso son os máis de 6.800 quilos de tubérculo afectado destruídos entre os anos 2015 e 2016, coa correspondente indemnización, ou o reparto de 820 polilleiros e 283 trampas só na provincia de Lugo.
Lembramos tamén que o borrador do decreto ministerial contempla a posibilidade de compensar aos agricultores polos danos causados pola couza e que, co obxecto de resolver todas as dúbidas, dende a Consellería do Medio Rural estase levando a cabo unha intensa campaña de información tanto con produtores (incluídos os responsables da IXP “Pataca de Galicia”) como con gobernos locais e sindicatos agrarios, tanto hoxe como desde que se detectou a presenza deste insecto en Galicia en 2015.




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



