Foz, 27 de febreiro de 2017. O xurado fallou a décimo sexta edición do certame de poemas de amor convocado pola biblioteca municipal de Foz. Os premios entregaranse durante o Festival dos Namorados, que se celebrará este sábado, día 4 de marzo, no salón de actos da Casa da Cultura focense.
A concelleira de Cultura, Silvia Blach Cuesta, anunciou hoxe que “o xurado reuniuse o dia 24 de febreiro para seleccionar os gañadores do XVI Certame de Poemas de Amor. A participación neste certame foi de 32 poemas, dos cales hai que salientar os recibidos de fóra de Foz, como ven sendo habitual, coa participación de xente de Lugo, Betanzos, Quiroga, Ribadeo, Burela, Xove,… na categoría de adultos. O participante de maior idade foi de 71 anos”.
A Concellería de Cultura e a Biblioteca Pública queren “agradecer a todos a participación neste certame e séntense satisfeitas de que un certame destas características encontre oco entre xentes de todas as idades. Agradecer tamén aos patrocinadores, Restaurante Casa Maño e Construcciones y Canalizaciones Saa, a súa xentileza na colaboración cos premios que ofrecemos: 3 ceas para dúas persoas e unha noite de hotel”.
Os gañadores foron os seguintes:
Categoría infantil:
1º premio (agasallo e lote de libros): Amor o avó, de Ainhoa López Franco (Foz).
Categoría xuvenil:
1º premio (50 euros e cea): Por que ti?, de Macarena Ledo Vázquez (Burela).
2º premio (30 euros e cea): O sentido de amar, de Antía Castiñeira Marrero (Foz).
Categoría de adultos:
1º Premio (100 euros e noite de hotel para dúas persoas): No decorrer do círculo coincidente, de Lucía Barrera López (Foz).
2º Premio (60 euros e cea): Tormenta, de Lucía Ramiro Taboada (Foz).
Accésit especial: Hoxe direi a verdade, de Pedro Antonio Vicente Canoura (Xove).
A entrega dos premios será no vindeiro Festival dos Namorados, que se celebrará o sábado, 4 de marzo, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura e que contará coa actuación de Alumnos da Aula Moderna da Escola de Música de Foz (Pedro Ramiro, André Dorado, Mariña Barreiro, María Jesús e Sara Bahía) e do director Felipe Sánchez.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



