Riotorto e Castro de Rei (Lugo), 2 de febreiro de 2017.- A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe varias instalacións deportivas financiadas e melloradas pola Xunta de Galicia na provincia lucense. A titular de Deporte sinalou a “construción e reforma de instalacións deportivas como un dos eixos fundamentais do seu departamento para aumentar a práctica deportiva entre os galegos e galegas e que estes poidan exercitarse nas mellores condicións posibles”. Marta Míguez mandou unha mensaxe de ánimo a todos os veciños lucenses para que usen estas instalacións renovadas “mellorando así a súa calidade de vida a través do deporte”.
Nas súas verbas, a secretaria xeral para o Deporte destacou como a práctica deportiva pasou dun 55,1% en 2007 a un 70,75% en 2014 segundo a enquisa realizada pola USC en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte no marco do programa Galicia Saudable. “Queremos que estes números sigan a medrar e acadar unha poboación activa ao 100%”, engadiu.
A primeira hora da mañá, Marta Míguez dirixiuse a Riotorto para comprobar in situ a pista de pádel sita en O Mazo, financiada integramente pola Xunta de Galicia a través dunha partida de 19.999,99 euros ao abeiro do convenio asinado o pasado 19 de setembro. Posteriormente, a secretaria xeral dirixiuse ao campo de fútbol municipal ‘A Veiga’ onde se realizou a mellora do céspede segundo o convenio asinado o pasado 16 de xuño. O importe total desta actuación foi de 3.121,80 euros dos que a Xunta de Galicia achegou 2.500 euros e o Concello de Riotorto os 621,80 euros restantes.
Máis tarde, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico visitou a área deportiva de Castro Ribeiras de Lea, sita no municipio lucense de Castro de Rei. Alí, supervisou o campo de adestramento de fútbol, que contou cun investimento da Xunta de 49.890,77 euros.























Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
