Lugo, 27 de febreiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, fixo hoxe balance dos 100 primeiros días de Goberno destacando que se aproveitaron para apuntalar “un Lugo máis social e máis próspero”, grazas a un goberno “estable” que puido aprobar unhas contas autonómicas “que consolidan a Lugo como a provincia con maior investimento por habitante de Galicia, un 33% máis que as provincias atlánticas”.
O delegado subliñou o impulso á licitación de obra pública, como o proxecto da conversión en autovía do corredor entre Sarria e A Pobra de San Xiao, ao que se destinan 243.255 euros; os estudos previos para a construción da estación intermodal, con 75.000 euros; ou a posta en marcha do novo acceso ao porto de Burela e do primeiro treito lucense co corredor da Costa, entre Cervo e Viveiro.
Igualmente, puxo de relevo as medidas para fixar poboación no rural, “con incentivos de impostos cero para favorecer a mobilidade de terras ou para mercar unha casa, iniciativa que beneficia a residentes de 1.151 parroquias lucenses”. Na mesma liña, engadiu, “conseguimos incorporar 268 mozas e mozos lucenses ao rural inxectando 9,8 millóns de euros en axudas”.
“Máis prosperidade é tamén apostar por máis emprego -afirmou o delegado-, aprobando a estratexia de apoio aos autónomos, para que a Galicia sexa un lugar favorable para a actividade deste colectivo. Ao respecto, ampliamos a tarifa plana de 50 euros adicionais ata os 18 meses”.
Con respecto ao sector industrial, o delegado referiuse especialmente ao impulso “ás licitacións vinculadas ao polo aeronáutico de Rozas, quizais o máis ambicioso dos proxectos que se emprenden hoxe en Galicia”.
Esforzo en servizos sociais
Ademais de dinamizar a actividade económica, o outro piar fundamental de acción do Goberno da Xunta foi o reforzamento dos servizos sociais. Ao respecto, o delegado referiuse ás medidas para facilitar o acceso á vivenda a todas as familias que precisen o apoio da administración, facendo referencia expresa ao plan de vivendas baleiras, “ao que recentemente se incorporaron seis concellos máis na provincia”.
Igualmente, puxéronse en marcha sete novas Casas Niño no rural lucense, que suman 40 prazas que -de forma gratuíta- quedan a disposición das familias para facilitar a conciliación, e reforzouse o servizo de axuda no fogar que se financia aos concellos incrementando nun 17% as horas de prestación.
Tamén se anunciou a construción da nova residencia na cidade de Lugo, cun orzamento previsto de 6,1 millóns de euros, “e con apoio autonómico poranse en marcha as de Foz, Baleira e Cervo”, afirmou Balseiro.
Polo que respecta aos servizos sanitarios, o delegado apuntou a recente inauguración do segundo equipo de radioterapia, a obra de ampliación do Hospital da Costa e a posta en marcha de novos servizos no hospital de Monforte, como o de hospitalización a domicilio.
En definitiva, subliñou, “nestes 100 primeiros días adoptáronse iniciativas en clave lucense que contribúen a conformar a provincia que queremos: máis próspera, máis xusta, máis estable e social e máis ambiciosa”.
O delegado afirmou que a Xunta “trata de responder con feitos á confianza recibida” e “sen caer na compracencia: Sabemos que son moitas as materias pendentes e seguiremos traballando para que a recuperación chegue a todos os veciños e veciñas da provincia”, concluíu.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



