Lugo, 3 de febreiro de 2017. O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que o Executivo aprobou na Xunta de Goberno as primeiras axudas de concorrencia competitiva do Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamentos no Medio Rural de 2016. “É a programación que dotamos de 1,5 millóns de euros para potenciar a calidade de vida no rural e o sector primario, levando servizos públicos fundamentais para o día a día dos veciños que viven en pequenos núcleos desta provincia”, explicou.
As axudas que hoxe resolveu o Executivo na Xunta de Goberno son as da liña de Mellora do Abastecemento e da Calidade de Auga. “Son máis de 1.200 os veciños de núcleos rurais de 21 Concellos da provincia os que se benefician das axudas de 500.000 euros para a creación ou mellora de 31 traídas de auga”, informou Santos Ramos.
O voceiro lembrou que, como novidades desta programación, “este ano decidimos, por un lado, ofrecer un anticipo do 95% da axuda para que estas actuacións se inicien canto antes, contribuíndo ao traballo de ducias de autónomos e pequenas empresas lucenses, que se encargarán da execución destes traballo. Isto supón unha inxección inmediata na provincia de 475.000 euros, que a partires da vindeira semana, unha vez publicada no BOP a resolución das axudas, os colectivos poderán solicitar”.
A outra novidade é a introdución de baremos ou cláusulas sociais nas bases desta programación co obxectivo de favorecer aos veciños de núcleos máis illados e aos que vivan dos sector primario. Deste xeito, para a resolución destas axudas, tívose en conta: o número de usuarios do rural beneficiados; o número de usuarios do sector primario beneficiados; o despoboamento da zona, primando os proxectos de núcleos dos Concellos de menos de 1.000 habitantes fronte aos de 5.000 ou 10.000; o grao de necesidade, valorando coa máxima puntuación, por exemplo, non ter traída de auga na actualidade ou as ampliacións de redes en núcleos rurais con explotacións gandeiras; e a sustentabilidade, puntuando favorablemente os proxectos cos prezos máis competitivos.
En base a isto, os resultados das axudas de 500.000 euros para a execución de 31 actuacións en redes de abastecemento de auga é a seguinte:
1.- O Goberno da Deputación creará 14 novas traídas de auga con 350.000 euros noutros tantos núcleos rurais, que a día de hoxe non teñen este servizo público.
– En Taboada: dotación de traída de auga ao núcleo de Sancristobal Norte, con 28.693 euros, beneficiando aos 20 veciños desta zona, na que hai 9 explotacións gandeiras.
– En Portomarín: dotación de traída de auga ao núcleo de Vilaxuste, con 30.000 euros, beneficiando aos 20 veciños desta zona, na que hai 6 explotacións gandeiras.
– En Navia de Suarna: dotación de traída de auga ao núcleo de Son, con 30.000 euros, beneficiando aos 130 veciños desta zona, na que hai 3 explotacións gandeiras.
– En Pol: dotación de traída de auga á parroquia de Castro de Hermunde, con 30.000 euros, beneficiando ao 40 veciños desta núcleo, no que hai 4 explotacións gandeiras.
– En Lugo: dotación de traída de auga ao núcleo de San Martiño de Ombreiro, con 21.400 euros, beneficiando aos 140 veciños da zona.
– En Samos: dotación de traída de auga ao núcleo de Castro Praducelo, con 30.000 euros, beneficiando os máis de 20 veciños da zona.
– En Baleira: dotación de traída de auga ao núcleo de Castro Vilar de Pousada, con 30.000 euros, beneficiando aos 40 veciños desta zona, na que hai 8 explotacións agropecuarias.
– En Folgoso do Courel: dotación de traída de auga ao núcleo de Castro de Órreos, con 30.000 euros, beneficiando aos 7 veciños da aldea.
– En Cervantes: dotación de traída de auga ao núcleo de Castro Aldea de Catroventos, con 21.348 euros, beneficiando aos 10 veciños que viven na zona, na que hai 3 explotacións gandeiras e un negocio de hostalería.
– En Ribeira de Piquín: dotación de traída de auga no núcleo de Castro, na parroquia de Lamas, con 30.000 euros, beneficiando aos 20 veciños que viven nesta zona, na que hai 4 explotacións gandeiras.
– En Riotorto: dotación de traída de auga ao núcleo de Soutelo, con 18.153 euros, beneficiando aos preto de 50 veciños que viven na zona, na que hai unha ducia de explotacións gandeiras.
– En Friol: dotación dunha traída de auga para abastecer a unha explotación de porco celta extensivo, con 4.777 euros, beneficiando aos 50 comuneiros que conforman a Comunidade de Montes de Carballo.
– Na Fonsagrada: dotación de traída de auga á aldea de Fito, na parroquia de San Cristovo de Cuíñas, con 19.582 euros, beneficiando aos 25 veciños da zona que se adican, na súa maioría ao sector gandeiro.
– En Folgoso do Courel: dotación de traída de auga á parroquia de Santa María de Meiraos, con 26.045 euros, beneficiando aos 130 veciños da zona.
2.- O Goberno da Deputación mellorará 17 traídas de auga con 150.000 euros noutros tantos núcleos rurais de 14 Concellos.
– En Becerreá: arranxo da traída de auga no Cereixal con 8.844 euros, beneficiando aos 100 veciños desa zona.
– En Cervantes (4 actuacións noutros tantos núcleos rurais): arranxo da traída de auga en Vilarello da Igrexa, con 5.477,78, beneficiando aos 57 veciños desta zona, na que hai 14 explotacións. Arranxo da traída de auga no Monte Veciñal en Man Común de Villaver, con 9.475 euros, beneficiando aos 12 veciños desta zona, na que hai 4 explotacións gandeiras. Arranxo da traída de auga de San Tomé con 9.527 euros, beneficiando aos 8 veciños da zona, na que hai 5 explotacións gandeiras. Arranxo da traída de auga en Río de Castro, con 2.452 euros, beneficiando aos 10 veciños da zona, na que hai explotación gandeira.
– En Castroverde: arranxo da traída de auga no núcleo de Goi, con 10.000 euros, beneficiando aos 40 veciños da zona, na que hai 4 explotación agrarias.
– Na Pontenova (2 actuacións noutros tantos núcleos rurais): arranxo da traída de auga en Vilaouruz, con 10.000 euros, beneficiando aos 20 veciños da zona, na que hai 4 explotacións. Arranxo da traída de auga en San Pedro de Bogo, con 10.000 euros, beneficiando aos 20 veciños da zona.
– En Quiroga: arranxo da traída de auga e limpeza de manantiais en Sequeiros, con 9.975 euros, beneficiando ao 25 veciños da zona.
– En Bóveda: arranxo da traída de auga en Santa Lucía, con 10.000 euros, beneficiando aos 10 veciños da zona.
– En Ribas de Sil: arranxo da traída de auga en Figueiredo, con 10.000 euros, beneficiando aos 20 veciños da zona. Arranxo da distribución de auga na aldea de Cubela con 10.000 euros, beneficiando aos 20 veciños. Con estes traballos, melloraranse as rutas de sendeirismo da zona: Ruta Cubela, Ruta Circular e Ruta de Minas auríferas.
– En Navia de Suarna: arranxo da traída de auga en Silvouta, con 9.303 euros, beneficiando aos 46 veciños da zona, na que hai 4 explotacións gandeiras.
– Na Fonsagrada: arranxo da traída de auga en Castañoso, con 9.998 euros, beneficiando aos 25 veciños da zona, na que hai 2 explotacións.
– En Trabada: arranxo da traída de auga en Trabadela, con 10.000 euros, beneficiando aos 20 veciños da zona.
– En Samos: arranxo da traída de auga en Trascastro, con 7.913 euros, beneficiaranse 70 veciños da zona.
– En Negueira de Muñiz: arranxo da traída de auga en Hernés, con 7.032 euros, beneficiando aos 11 veciños da zona.






















A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



