O PP de Viveiro quere felicitar o noso atleta Adrián Ben polo seu reciente record de España junior dos 1500 en pista cuberta. O esforzo e o traballo ben feito sempre teñen a súa recompensa, e Adrián representa coma ninguén estes dous feitos, o que nos fai sentir moi orgullosos dos nosos mozos e en definitiva da nosa xente.
Queremos tamén darlle os parabéns a súa familia, porque son sin lugar a dúbidas un piar moi importante nesta exitosa traxectoria do noso atleta.
Dende o PP de Viveiro estamos convencidos de que o mellor de Adrián Ben aínda está por chegar, xa que somos coñecedores da súa valía, do seu traballo, do seu tesón e do seu talento innato.
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



