Burela, 15 de febreiro de 2017. O salón de conferencias acollerá tres charlas ao longo dos vindeiros días, unha sobre o plan Leader, outra sobre as cláusulas solo e a terceira sobre a couza guatemalteca. Deuno a coñecer esta tarde o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor dixo: “vamos comezar aquí, en Burela, unha serie de charlas informativas. Agora algunha delas está moito nos medios dado que ten unha grande importancia este tema, que é o da couza guatemalteca que está afectando á pataca e hai moita preocupación en Burela. Esta charla darase no salón de conferencias, que está na antiga biblioteca, o día 1 de marzo ás oito da tarde. Invitamos a todos os produtores, pero tamén a aqueles que venden, distribúen ou almacenan patacas. Consideramos que é de suma importancia que a xente veña, se informe e saibamos todos o que temos que facer”.
Llano engadiu que “outra das charlas será sobre o programa Leader para o período 2014-2020 no GDR da Asociación Terras de Miranda, que son os encargados de impartir esta charla informativa. Vai ser no salón de conferencias o día 21 deste mes ás oito da tarde”.
“E ao día seguinte, o 22, faremos unha charla tamén sobre as cláusulas chan dos préstamos, asunto polo que posiblemente exista moita xente afectada e haberá preguntas e aclaracións. Por tanto penso que tamén é unha charla importante agora mesmo polo que se ten pagado como consecuencia desta cláusula nas hipotecas. Tamén será, ao igual que as outras, no salón de conferencias ás oito da tarde”, explicou o alcalde de Burela.



















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



