O carnaval é celebración desenvolvida polo pobo.Tradición moi antiga, deuse xa no tempo de Babilonia.A festa consiste na exaltación das carnes, críticas aos gobernantes, políticos e outros estamentos na subversión e no relaxo da moral, permitindo prácticas que na vida cotiá non serían ben vistas. Don Carnal, o gozo da carne; o tempo de diversión, a satisfacción do prohibido, represéntase por un boneco que se queima ó remate da festa (o enterro da sardiña).
Ó entroido segue a Coresma, que marca o tempo de troula e exceso, para entrar nun período de abstinencia e seriedade. Na Idade Media renace o carnaval impulsado polo pobo campesino que tivo que soportar as intromisións da nobreza que non o aceptaba de todo. Xa na dictadura de Franco foi prohibido, rexurdindo paseniño, pola necesidadede alegría, música e liberdade. Polo que a Foz atinxe o entroido celébrase ende tempo inmemorial, aínda que o ritual non ten connotacións etnográficas ou antropolóxicas; ou sexa non responde a tradición cultural alguna. A forma de expresión popular, expontánea, ven dada por un estado colectivo de euforia, en cuxa eclosión ten que ver o bó e abondoso xantar, e as libacións xenerosas; así como o outimismo, o enxeño e a ledicia de vivir propias das xentes da beiramar. Houbo tempos de recortes para a alegría do Carnaval; pero o cronista lembra que, aínda con tal atranco,mesmo en plena dictadura franquista, nunca en Foz deixou de celebrarse por mais que, ás veces, para eludir as ordes dos que mandaban,e a vixianza do su cumprimento, había que afinar o maxín e exprimir os miolos recurrindo a estratexias que agudizaban o enxeño e enriquecían os episodios carnavaleiros coa parafernalia grotesca e disparatada do desemulo a que as circunstancias obrigaban. Pero son outros tempos e a evolución da sociedade en tódolos ordes: economía, tecnoloxía, cultura…; ou sexa,obxetivos e medios, mudaron gustos e formas de diversión e, o que se perdeo en espontaneidade, gañouse en esplendor e magnificencia. O Entroido de Foz é exemplo ilustrativo. Que o disfrutes, lector amigo/a.



















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



