Ribadeo, 2 de febreiro de 2017. O salón de conferencias, en Burela, encheuse este mércores para escoitar aos avogados de Mariña Asesores, que pronunciaron unha charla sobre as cláusulas solo e a recuperación dos gastos hipotecarios. O acto estivo organizado pola asociación de veciños O Vencello en colaboración con Mariña Asesores.
Desde esta firma, asentada en Ribadeo, fan unha valoración positiva da charla: “houbo moita xente e foron moitas as persoas que acudiron a plantexar dúbidas e temores sobre esta problemática. Querían saber si efectivamente se devolverán os cartos, os prazos que existen para presentar as reclamacións correspondentes, e tamén se queixaron de que as cartas que están a recibir de algunhas entidades bancarias son contraditorias”.
En Mariña Asesores “o que recomendamos é acudir en primeiro lugar á reclamación extraxudicial, respectando o Real Decreto ditado hai unhas semanas polo goberno do Estado. Despois xa imos vendo como se resolve cada caso e si é preciso recorrer aos xulgados”.
Hai un mes que Mariña Asesores está a estudar totalmente gratis as hipotecas de todos os interesados en saber si a súa ten cláusula solo e se por elo o banco lle cobrou intereses en exceso. Desde ese momento preto dun cento de persoas de toda a comarca da Mariña e do Occidente asturiano se dirixiron ao seu equipo de avogados para realizar as consultas correspondentes.