Ribadeo, 2 de febreiro de 2017. Este venres, inicia a súa visita á Mariña o produtor de agricultura ecolóxica Jean Pacheco, que visita a zona da man de Apaga e coa colaboración dos Concellos de Ribadeo, Lourenzá e Mondoñedo. A actividade enmárcase no proceso de internacionalización, no marco do programa Erasmus+, e como apoio ao sector primario. Segundo explica o presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, “realizaremos un programa de seminarios de traballo en colaboración cos Concellos de Ribadeo, Lourenzá e Mondoñedo”.
O venres día 3, ás 15:30 horas, Jean Pacheco estará na Fundación Edes, en Tapia de Casariego, onde visitará a finca e fará unha exposición da súa experiencia en agricultura ecolóxica. Ademais manterá unha reunión con alumnos e produtores da zona. O programa de mañá continuará en Ribadeo onde estará ás 19:30 horas na Casa das Letras. Jean Pacheco ofrecerá unha conferencia e manterá un coloquio cos produtores da zona e consumidores de agricultura ecolóxica.
O sábado, 4 de febreiro, ás 12:00 horas Pacheco estará no Centro Comarcal de Mondoñedo, onde dará unha conferencia e manterá unha reunión cos alumnos do IES San Rosendo. Posteriormente visitará explotacións de horta en Mondoñedo.
A xornada concluirá en Lourenzá onde ás 20:00 horas ofrecerá unha conferencia na cooperativa Terras da Mariña na que falará da súa experiencia en agricultura ecolóxica. Nesa visita Jean Pacheco reunirase con produtores de Lourenzá, Trabada e Barreiros.
A entrada a todos os actos é libre e gratuíta.
Jean Pacheco é fillo dun traballador agrícola español que chegou a Francia en 1968. Dedícase á agricultura ecolóxica en Seine-et-Marne onde ten case 13 hectáreas nas que cultiva máis de 70 variedades de froitas e legumes. O seu principal produto é o espárrago e ten certificado ecolóxico dende o 1 de xaneiro de 2012. Tres veces por semana Jean Pacheco percorre uns 600 quilómetros coa súa furgoneta para levar as caixas de pequenos froitos e legumes aos seus asociados.























Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



