Foz 11-2-17. Na tarde deste pasado venres, visitou Foz o líder de En Marea Luis Villares, na súa visita por Foz estivo acompañado polos Concelleiros de “Foz,Plataforma de Futuro” e representantes da Plataforma.
Durante o seu percorrido por Foz, a primeira parada a fixo no porto, onde se reuniu cos colectivos afectados polo mal funcionamento destas instalacións, que reivindican a dragaxe urxente das dúas dársenas e construción de novos pantaláns, estiveron presentes a Cofradía de pescadores de Foz,Club Náutico de Foz,e Asociación A Ribeira.
A continuación desprazáronse ó Centro de Saúde da nosa localidade, ónde se lle trasladaron todas as deficiencias que a día de hoxe existen como pode ser que non se cobren as baixas médicas,os problemas que orixinan a redución de xornada de pediatría ou a falta de médico de urxencias polas tardes.
No seu percorrido polo noso Concello a seguinte parada foi na nova residencia de anciáns e Centro de día, onde se lle reclamou que a día de hoxe con todo o equipamento feito, aínda segue sen producirse o traslado ó novo Centro dos residentes como obxectivo primordial para que poidan estar mais cómodos e en mellores condicións.
Así mesmo ó final da súa visita os membros de “Foz,Plataforma de Futuro” lle fixeron entrega a Luis Villares dun documento cunha serie de reclamacións que esta formación xa levou a Pleno nalgunha ocasión sendo aprobadas, así como novas reclamacións que entendemos son moi necesarias para o desenrolo do noso Concello, nos que a Xunta de Galicia ten totais competencias.
RECLAMACIÓNS PARA O NOSO CONCELLO:
-Melloras das infrastructuras do noso porto pesqueiro e porto deportivo,con necesidade de mais calado e mais amarres, como lle transmitiron as distintas asociacións coas que mantivo unha xuntanza.
-Melloras do Centro de Saúde de Foz.
-Axilizar os trámites para a apertura da nova residencia de maiores e centro de día rematada e equipada.
-Axilizar os trámites para a construción da nova EDAR.
-Maior dotación económica para a reforma integral da Avda. Da Mariña para que a reforma que se leve a cabo non sexa unha simple chapuza, e se poida renovar a rede de auga potable,rede de saneamento e se conecten todas as saídas de augas pluviais a rede xeral.
-Dotación económica por parte da Xunta de Galicia para rematar o saneamento naquelas parroquias da nosa Vila onde aínda non o hai ó 100%, como son en Sta Cecilia e San Acisclo.
-Pronunciamento da Xunta de Galicia sobre a petición mediante moción en Pleno,sobre actuacións de mellora nun espazo público en San Acisclo, na zoa que une as estradas de titularidade da Xunta de Galicia LU-152 e LU-151, para use e disfrute dos veciños e veciñas desta parroquia, si a Xunta non adquire o compromiso de efectuar as obras que ceda os terreos ó Concello de Foz.
-Mellora da estrada LU-151 que une San Acisclo con Fazouro, con moita necesidade e nun estado moi perigoso.
-Mellora do enlace de saída e entrada entre a estrada pertencente á Xunta de Galicia LU-152 e a N-642 (Cruce dos Camioneros)
-Mellora da oferta educativa do IES de Foz coa implantación dos ciclos superiores de “Dirección de Servizos de Restauración” e ciclo superior de “Marketing e Publicidade”
-Construción Auditorio como a Mariña se merece e en Foz sería un lugar céntrico e nos non dispoñemos de nada parecido e contamos con terreos.
Dende “Foz,Plataforma de Futuro” queremos agradecer a Luis Villares e ó grupo En Marea, a súa boa disposición para esta visita, e o seu trato nas distantas reunións que mantivemos ó longo da tarde.