Viveiro, 11 de febreiro de 2017. O BNG-Asembleas Abertas de Viveiro, facéndose eco dunha demanda reiterada da súa veciñanza, vai comezar a vindeira semana unha recollida de sinaturas entre as entidades e colectivos do concello para promover unha proposta de moción conxunta para debatir e aprobar pola corporación municipal de Viveiro, que estará suscrita polo sector empresarial, hosteleiro e comercial de Viveiro, así como polo movemento social e veciñal da cidade do Landro que desexen sumar esforzos para unha vez máis reclamar, como xa fixeran en anteriores ocasións estes colectivos, así como a propio concello, o que cremos todas e todos xusto, necesario e lexítimo, como é o de incluír no mapa de paneis verticais das autovías A6 e A8 o nome de Viveiro.
Unha proposta de actuación colectiva na defensa dos intereses de toda a veciñanza de Viveiro que ten como obxecto ademais, de reclamar a sinalización do seu municipio nas autovías A6 e A8, arroupar ao concello de Viveiro e a súa corporación para impulsar o éxito desta demanda veciñal e social ante o Ministerio de Fomento, xa que aínda sendo un dos concellos con maior potencial económico da Comarca e dos máis importantes da provincia de Lugo segue a ser un dos concellos máis castigados e aillados inmerecidamente, ademais de pola falta de vías axeitadas ao século XXI, pola nula sinalización do municipio de Viveiro na Autovía do Noroeste (A-6) e do Cantábrico (A-8). Unha nula sinalización que dificulta as/aos visitantes e usuarios destas vías de comunicación a localización do concello de Viveiro e provoca confusión n@ viaxeir@ á hora de buscar a ruta máis accesible cara a Viveiro.
Viaxeir@s que estarán pensando visitarnos nos vindeiros meses para coñecer e gozar das nosas festas e festivais de recoñecido prestixio internacional así como das nosas praias e do noso patrimonio histórico-artístico e natural, pero que se non se pon solución a este problema atoparanse, un ano máis, con dificultades para localizar e chegar facilmente ao noso concello.
















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



