Lugo 11-2-17. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, mantivo un encontro con representantes dos 7 clubs de piragüismo da provincia para abordar a posta en marcha e revitalización da escola de piragüismo de titularidade provincial de cara á temporada 2017-2018. A Deputación achegará 85.000 euros, con esta finalidade, a través dun convenio e serán os propios clubs os que xestionen directamente a escola, situada no entorno de Os Robles. Estes son: Club Deportivo San Ciprián, Club Piragüismo Cidade de Lugo, Club Fluvial de Lugo, Club Kayak de Foz, Club Piragüismo Viveiro, Club Piragüismo Altruan e Club Montaña Quixós.
Rivera Capón destacou “a importancia de converter esta Escola nun ente aglutinador, capaz de diseminar o deporte por toda a provincia, e que sexan os propios clubs os que definan a súa folla de ruta, porque ninguén mellor ca eles coñece as principais necesidades e potencialidades da mesma. Unha vez rematada a encomenda de xestión existente ata xuño de 2017, deberán ser os clubs os que collan o relevo”. Para elo acordouse definir un primeiro borrador de convenio, no que tamén se contará ca participación da Federación Galega de Piragüismo, como nexo de unión.
Durante o encontro, destacouse a necesidade de definir un modelo de xestión no que se deben ter en conta aspectos como a adquisición de novo material técnico, a posta en marcha de programas de promoción deste deporte nos centros escolares e nos Concellos, a contratación de persoal cualificado para racionalizar o uso das instalacións, acordos con residencias para o aloxamento, entre outros aspectos.
Cómpre sinalar que o conxunto destas actuacións responde ás peticións dos 7 clubs que hai na provincia, que consideran que son as axeitadas para a posta en valor desta disciplina deportiva en Lugo e resultan un paso intermedio para que a Escola garanta a selección de novas promesas nesta disciplina, e deste xeito, acadar os niveis de anos anteriores.
Compromiso co piragüismo
O Deputado de Deportes subliñou que “o compromiso da Deputación con este deporte está asegurado, xa que as achegas económicas aos clubs de piragüismo ascenden a mais de 200.000 euros”. Lembrou tamén “a implicación do Goberno Provincial co Club Kayak de Foz, xa que tralo bloqueo do PP, por fin se están a desenvolver as obras do novo hangar”.
Por outra parte, Rivera Capón adiantou que se levarán a cabo cambios significativos nas bases das subvencións de concorrencia competitiva, xa que este ano contémplase incrementar as partidas destinadas ás disciplinas con maior número de licenzas federativas, o que beneficiará ao piragüismo, unha disciplina deportiva que tantos éxitos lle ten dado á provincia de Lugo, incluíndo varios metais olímpicos. O último deles obtido polo lucense Cristian Toro, nos pasados Xogos Olímpicos de Río.





















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
