A Mariña 7-3-17. A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL A MARIÑA, integrada na Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Saúde Mental Feafes Galicia) está a participar nunha viaxe ao Balneario de Cuntis, unha actividade na que partipan en torno a 40 persoas con enfermidade mental, de diversos Centros de Galicia, acompañados dos respectivos monitores.
Onte ao mediodía chegaban ás instalacións do balneario , con un planing de actividades moi interesante. Concretamente, disfrutarán das actividades propiamente ditas do balneario, o maior balneario de toda Galicia, xa que ademáis da piscina terapéutica ten máis de 40 cabinas individuais de tratamento, con baños de hidromasaxe e aeromasaxe, chorros, parafangos, duchas circulares, entre outros servizos, e ademáis todos enmarcados nun entorno enmellorable .
Aproveitando a ocasión, e como Directora Técnica Xeral dos dispositivos da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” quero facer fincapé na importancia destas actividades, todas elas encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios, e destacar que ademais de loitar contra o estigma social, as persoas diagnosticadas de enfermidade mental, con un tratamento axeitado e cos apoios necesarios, ousexa, un tratamento integral, poden recuperar as súas habilidades sociais e reintegrarse plenamente na sociedade.
Agardamos , por tanto, que esta viaxe favoreza a súa mellora terapéutica e que esté á altura das expectativas de cada participante.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



