Lugo 7-3-17. Durante o ano 2017 a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) levará a cabo ao longo de toda a provincia varias reunións informativas sobre a normativa vixente que afecta directamente ao sector e nas que se contará coa presenza da xefa da Área de Turismo de Lugo, Paloma Vázquez Fernández, un representante da Garda Civil ou da Policía Nacional e tamén é posible que asista un representante de Sanidade.
O obxectivo de ditas xuntanzas será informar aos asociados e a calquera persoa que estea interesada de temas como diferenzas entre café-bar, cafeterías e restaurantes; listas de prezos, horario de peche, rexistro de viaxeiros, dereito de admisión, rexistro horario de traballadores, así como calquera outro tema que se poida propoñer.
Por outra banda, darase a coñecer o labor que se realiza dende a Apehl para a promoción da provincia a nivel nacional e internacional, os servizos que presta a Asociación, así como os convenios vantaxosos dos que son beneficiarios os asociados. Serán ocasións tamén para tratar de reunir ao sector da hostalería e o turismo e poder intercambiar opinións e experiencias.
As datas e os lugares de celebración xa programados son os seguintes:
Marzo: Baleira, día 13
Abril: Portomarín, día 3, e Foz, día 24
Maio: Viveiro, día 8, e Vilalba, día22
Xuño: Becerreá, día 5; Monforte de Lemos, día 12, e Lugo, día 19
Todas elas celebraranse ás 18:00 horas e o lugar onde terán lugar comunicarase con antelación ás datas sinaladas. Ademais, calquera tipo de variación farase saber con suficiente antelación.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



