Lugo, 8 de marzo de 2017.O Deputado de Turismo de Lugo, Eduardo Vidal Baamonde, a Vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, e o Deputado de Economía de Pontevedra, Carlos López Font, acompañados de técnicos das 3 administracións, entregaron este mércores a representantes da Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia o informe xurídico sobre o novo modelo de xestión dos consorcios provinciais de bombeiros. Foi elaborado por as 3 Deputacións que defenden a xestión pública no conxunto das instalacións que prestan o servizo antiincendios.
Os representantes da Mesa Intersindical apoiaron dita proposta de conseguir que a xestión dos parques de Bombeiros Provinciais pase a ser de carácter público. Neste senso, representantes dos Bombeiros recoñeceron a labor das administracións por mellorar o servizo que se presta, así como as condicións laborais dos profesionais dos parques galegos.
Informe Xurídico
O informe xurídico do novo modelo de xestión dos Consorcios Provinciais de Bombeiros, elaborado polas Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra, é unha análise en profundidade da situación de cada un dos parques de cada un dos órganos; así como das posibilidades e alternativas para conseguir cambiar o modelo cara un servizo público.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



