Lugo, 18 de marzo de 2017.- A Xunta incorporou os concellos de Cervantes e Trabada ao Rexistro de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, despois de que ambos concellos comunicaran a súa decisión de constituír unha agrupación de voluntarios.
Con estas novas incorporacións, son xa 40 as agrupacións e máis de 2100 o número de voluntarios rexistrados que forman a rede de Protección Civil na provincia de Lugo.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, gabou o traballo que realizan as agrupacións “como reforzo dos servizos de emerxencias, especialmente en actividades de prevención, se ben en moitas ocasións son as primeiras en chegar e intervir, prestando unha inestimable colaboración”.
Balseiro subliñou que a Xunta traballa pola potenciación deste grupos, procurándolles a dotación de medios e de formación. Así, afirmou, “o Goberno galego fixo unha importante compra de equipamento de emerxencias nos anos 2015 e 2016 con continuidade ata 2020”, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
As agrupacións da provincia de Lugo recibiron 21 vehículos todoterreo, 8 furgóns para transporte e loxística, 13 remolques para a atención ás emerxencias, 7 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate, 10 esparexedores de sal, un remolque con carpa presurizada para Posto de Mando Avanzado, un remolque de salvamento, 3 coitelas quitaneves e 4 equipos de rescate en vehículos, sendo este último material para concellos con GES.
Igualmente, a Vicepresidencia destina axudas directas ás agrupacións para equipamento e gastos de conservación, mantemento ou aluguer, entre outros; en Lugo, as subvencións alcanzaron un total de 116.341 euros nos dous últimos anos.
Tamén se asinaron durante o pasado exercicio catro convenios de colaboración coas asociacións provinciais de agrupacións de voluntarios de Protección Civil, por importe global de 22.000 euros, para promover a súa participación e colaboración nos plans e programas de protección civil da Comunidade Autónoma.
A Consellería de Presidencia colabora tamén ofrecendo formación aos voluntarios a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). Concretamente, na provincia de Lugo celebráronse o pasado ano 11 cursos en diferentes concellos.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



