Compostela 9-3-17. As limitacións á forestación das terras agrarias, especialmente con eucalipto, presentes na Lei 7/2012 de Montes baten coa “doutrina” da Dir. Xeral de Montes que considera de xeito sistemático aos pasteiros como terreo forestal. Por esta vía e grazas a unha interpretación torticeira da norma e ao desleixo de Medio Rural, centos de hectáreas agrícolas están virando en eucaliptais.
Isto tradúcese directamente na perda de superficie agraria útil, convetida agora en plantíos de eucaliptos: por volta dunhas 5000 hectáreas só nos dous últimos anos.
Este grave incumprimento do artigo 61 da lei de Montes 7/2012, que establece severos condicionantes para o paso de uso agrícola a forestal, débese á interpretación que os servizos centrais da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal fan do pastoreo, uso regulamentado na mesma norma (art. 86.2: O aproveitamento de pastos polo gando en terreos forestais é un aproveitamento forestal segundo o establecido nesta lei). Deste xeito, para D. X. de Montes todos os terreos “pastables” son forestais e, portanto, susceptíbeis de seren plantados, mesmo con eucaliptos.
Malia a resultar evidente que a Lei de Montes só regulamenta o aproveitamento de pastos en terreos forestais como un máis dos moitos usos do monte, e a que tamén hai pastos en terreos agrícolas, os responsábeis da consellaría consideran torticeiramente que “todo pasteiro é monte”. Esta interpretación está a permitir a forestación mais ou menos encoberta de terreos agrícolas, que pasan de cultivos a pasteiros e finalmente a eucaliptais, sen sequera verse afectados polos condicionantes do artigo 61 (forestación de terras agrícolas), entre os que está a obriga de plantar en exclusiva frondosas autóctonas.
Esta directriz, a “instrución pasteiros” tense xirado dende San Lázaro ás delegacións provinciais e distritos forestais, xunto con outra particular instrución: a de considerar prevalente a clasificación do solo nun PXOM sobre o uso real do terreo. Deste xeito se no PXOM do concello o solo figura como “de especial protección forestal” malia a que o uso real sexa agrícola, Montes permite o “ponteo” do art. 61 e autoriza a súa forestación, mesmo con eucaliptos.
Estas interpretacións espúreas da norma que promove a cúpula directiva de Medio Rural e deben acatar os distritos e delegacións provinciais están a provocar que ducias de denuncias de plantacións ilegais sexan arquivadas. Resultado: a forestación “pola porta de atrás” de milleiros de hectáreas agrícolas con eucaliptos.
Este proceder non é casual: explíacase pola total sumisión da Xunta ao lobby do eucalipto e a indiferenza fronte ao dspoboamento do rural. Primeiro, promóvese o abandono das explotacións e dos labores agrícolas nas terras produtivas, convertidas no millor dos casos en praderíos. E este abandono fomentado a mantenta, xunto co retorcimento cómplice da norma, trae despois consigo o eucalipto.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



